03/08/2005

A liña de sombra

Mañá constitúese o novo goberno. Estamos nunha conxuntura conradiana. Deixamos atrás o corazón das tebras e enfrontamos a liña de sombra. Leo ao anglo-polonés que, en termos naúticos e persoais, o tiña moi claro: «Na historia de cada persoa hai un momento critico que marcará a súa travesía pola vida; aquel no que se dubida se deixar a nave ao pairo, sen goberno e á mercé das caprichosas correntes, ou ao contrario se decide asir firmemente o temón, dirixindo a nave ao rumbo da súa vontade; só estes, os que gobernan o seu destino, poderán superar a liña de sombra».

2 comentários:

Nygard disse...

Ian, lamentabelmente penso que a dialéctica conradiana non é tal e que as correntes son demasiado fortes, a pesares das destrezas de case que todos os timoneis.

Ao mellor pecamos de ilusos os que entendemos outra forma de funcionar na casa e vemos que o sistema de cotas non fai máis que consolidarse cada día que pasa(onde uns son, por suposto, máis "iguais" que outros... por non dicir os únicos "iguais").

Primeiro foi a lista do CN e dixéronnos de esperar ás listas do parlamento. Logo foron as listas ao parlamento, e dixéronnos de esperar ás primeiras liñas do governo. Xa foron as primeiras liñas de governo -gañouse marxe mais a lóxica segueu sendo a mesma-e agora hai que esperar á segunda liña,...

A cousa está ben clara: así funcionan as cousas e así seguirán a funcionar.

En fin... aínda así digo eu que paga a pena.

Ian disse...

Desculpe a brevidade. O seu comentario dá para moito máis. Os avances son moi lentos e as inercias partitocráticas do bng son desesperantes, comparto o seu estado anímico. Tamén é certo que nada garante a igualdade real de oportunidades entre os militantes, canto máis preto do centro (UPG) máis poder, canto máis afastado máis insignificante é a influencia. Con todo, na sociedade para a miña idea ábrese paso a tese de que o País Novo precisa dun Novo BNG e por iso seguir batendo coas vellas miserias segue pagando a pena.