19/03/2006

Castores acurralados

Deixou o sardo no seu caderno carcelario unha nota sobre o comportamento dos castores. Ao parecer durante séculos foron cazados para poder extraer dos seus testículos unha substancia usada con fins medicinais. Sabedores diso, cando caían nunha trampa, os castores arrincábanse a dentadas os testículos coa esperanza de, aínda eivados, poder salvar a vida. Estes días castores universitarios, acurralados por necesidades estratéxicas, decidiron facer o propio e, convencidos por un reitor entregado a comenencias familiares, acordaron amputarse algunhas das súas partes máis valiosas. Un alto prezo en credibilidade o que van pagar por acariñar o poder universitario. Próeme unha tristeza infinita.

2 comentários:

Ian disse...

Eu non atopo razón política algunha para aceptar o veto dunha persoa da equipa atendendo as razóns familiares do señor reitor. Ti cres que si, teño para min que deixar que consideracións familiares determinen a conformación da dirección política da USC é ceder a súa patrimonialización absoluta. Por outra parte, é a vosa credibilidade política e non a de senén a que será posta en cuestión. E non te sintas doido, de momento a única persoa que ten ese dereito é a que foi vetada.

Ian disse...

Pois nada se o teñen tan claro que a travesía lles sexa venturosa. Non se distraigan coas opinións dos que non somos universitarios e vemos as cousas desde a tranquilidade da barreira, os seus mellores esforzos han ser para outra causa mellor. Hai tempo que só coido da miña sombra e quizais por iso me perdo as glorias da historia universitaria e da outra. Quizais tamén a estas alturas tamén pertenzamos a clases distintas de castores. Pero tanto ten, esa é a vosa historia e coma di o refrán os que non xogan, dan tabaco. Así que se precisan tabaco só teñen que avisar. Saúde