27/06/2009

ITV

Xan Carballa atopa que o BNG está no taller de reparacións e, entre outras, pide a miña peritaxe. Velaí, rompéuselle a dirección, o gps non dá coa ruta, non está ben adaptado aos terreos polos que ten discorrer; é espacioso pero disparaselle só o peche centralizado e tampouco lle viría mal un tunneado para facer máis amábel a imaxe. Non cabe cualificalo como sinistro total pero hai moito traballo que facer, non basta con retoques de chapa e pintura.

7 comentários:

  1. Xosé MM. González15:38

    Subscribo a grandes liñas a súa síntese diagnóstica, estimado colega de ocasión. Engadiría se acaso algunha miudeza canto a pezas soltas: o motor vese pouco competitivo; non parece haber maneira de cambiar o carburador; o acendido electrónico vale para ir tirando nos adestramentos: recomendable mudanza de cara ás grandes competicións.

    E desculpen a forma de sinalar.

    ResponderEliminar
  2. Concordo cos apuntamentos da súa peritaxe. E congratúlome de compartir espazo de opinión con vostede.

    ResponderEliminar
  3. Xosé M. González22:32

    Un amigo meu, que en paz estea, adoitaba encontrar a avaría no trifoco da parabeta. E xa se teñen visto explicacións menos claras.

    ResponderEliminar
  4. ainda que dificil sería bo agardar un intre e repoñer pezas novas.

    ResponderEliminar
  5. De que estamos a falar? Eu penso que o que está averiado non é o coche senón o remolque. A que ven falar de motores, carburadores, xuntas,...? O que falla é o enganche!

    Aconsello ler o documento político da derradeira ANE ou o artigo que hoxe publica Anxo Quintana.

    Enseguida un se decata do problema do BNG: as siglas PSOE. Onnipresentes. Existe unha incapacidade manifesta para por en marcha un proxecto propio para o país dentro do BNG e estase continuamente facendo referencias a outro partido, o español. Logo falaremos da tendencia ó bipartidismo ou a españolización da política galega, cando o BNG é o primeiro en someter o futuro da súa organización o PSOE.

    Para que un galego ía votar o BNG si van da man? Para que catro listos lle saquen redemento ó seu voto nunha negociación? Non, para iso votas directamente o PSOE e esqueceste de intermediarios.

    Moito mellor nos iría sen eles. Teríamos menos poder, seguro, pero moito máis apoio social e moita máis incidencia nas políticas desenroladas por calquera goberno (local, nacional ou estatal). Pero, quen ten a capacidade para renunciar a un chisco de poder?

    ResponderEliminar