tag:blogger.com,1999:blog-9193341.post2064266065888210507..comments2023-11-03T13:35:21.757+01:00Comments on De paso: Municipais07: A pole position na Gz-8Ianhttp://www.blogger.com/profile/05080604768797050561noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-9193341.post-10368286629614442662007-05-14T18:11:00.000+02:002007-05-14T18:11:00.000+02:00Polas miñas contas, as últimas enquisas de Sondaxe...Polas miñas contas, as últimas enquisas de Sondaxes debuxan nas 8 (sic) cidades un panorama moi estábel. Tan só a enquisa de ANOVA Multiconsulting publicada por El Correo Gallego ofrecía unha descrición/proxección disparatada.

O panorama na GZ máis urbana resúmese no agregado destes 8 concellos cunha estabilidade do PP (de 72 concelleiros/as pasaría a 75-73-71 nas tres enquisa de Sondaxe), lixeira baixa do BNG (de 47 a 42-43-46), e suba do PSdeG (de 70 a 73-75-73). IU subiría (de 3 a 4-5-5) e os independentes baixarían (de 10 a 7-7-7).

Da estabilidade electoral urbana do PP dá fe o feito de que nun panorama que todos críamos propicio para a proliferación de independentes, estes vexan reducida a súa presenza ao tempo que o PP evita unha disgregación por esta banda.

Claro é que as enquisas adoitan medir mal o voto independente de últimahora, mais partamos do debuxo que fornecen estas enquisas. Tamén é habitual o medre nas enquisas do BNG ao achegarse o día das eleccións, subidón que se noutrora adoitaba materializarse nos últimos tempos máis ben é algo que adoita fica sen realizar.

Así as cousas, parece claro que os cambios políticos na GZ-8 vanse producir por movementos ínfimos de votos, que, iso si, ao estar o resultados en varias cidades no fío da navalla poden producir un significativo cambio no reparto de poder municipal. En síntese, pode acontecer o mesmo que nas Autonómicas: gañar a combinación PSdeG-BNG polos pelos sen que o panorama en fríos números tivera mudado tanto. Teño a impresión de que como indicador de futo de cara ás xerais estas municipais están debuxando precisamente ese equilibrio, fundamentalmente na competición PP-PSOE a nivel de Estado.

O corolario de todo isto é que o grande cambio no voto nestas eleccións, de se producir, vaise producir nas zonas vilegas e do rural, e onde irá inevitablemente acompañado dun cambio de cores no mapa xeopolítico galego.cneirachttps://www.blogger.com/profile/05856867005080728447noreply@blogger.com