Na terra
No día do malfadado anuncio da fin da tregua, deitamos o corpo do meu pai no camposanto de Pereiró. Para todos os que no seu adeus trouxeron agarimos e aos que nos acompañaron coa súa solidariedade, han saber que teñen, de todo corazón, a nosa infinda gratitude.
Non sabía nada do teu pai. Só podo xa mandarche unha aperta de alento e solidariedade. Eu pasei por ese trance hai un ano e unhas semanas e a súa compaña (a do meu pai) segue presente día a día, grazas a ese miragre que chamamos os recordos. Estou seguro que eses 83 anos foron os dunha esforzada vida, como ti dis, e de seguro tamén moi digna. Ogallá as nosas vidas teñan sequera un sentido semellante...
ResponderEliminarLevaremos a súa memoria.
ResponderEliminarUn bico moi grande, parrulo.
As minhas condolências.
ResponderEliminarÁs veces as mentiras chegan onde non deben e as noticis importantes pérdense no camiño. Un abrazo.
ResponderEliminarO que nos fire, se non mata, fainos mellores. Unha aperta.
ResponderEliminar