28/05/2010
Gürtel con G de Galiza
Na cartografía sentimental da dereita, Galiza sinalouse como feudo irredutíbel dos valores conservadores e retagarda da súa esperanza en futuras vitorias no Estado. Na era Fraga, o PPdeG presentou os seus méritos como adianto das grandezas que adornarían España unha vez vencido o felipismo. Daquela forxouse unha colosal hexemonía e un singular sistema de recadación e mobilización de recursos para a conservación do poder. Hoxe sabemos que Gürtel é un spin off dese soberbio estilo de gobernarse. »Ler máis.
Pirotecnia interior
En caída libre, Rodríguez Zapatero sofre como un presidente pato coxo ao que se lle esgotou o engado cidadán, as ideas e a iniciativa política, e ao que se lle está acabando tamén o tempo. Todo indica que a única capacidade realmente operativa que lle queda é elixir o momento en que quere sacrificarse nas urnas, intentar un último órdago electoral ou dar paso a un precipitado relevo no liderado do PSOE. »Ler máis.
Donuts, democracia e rebeldía
A cousa democrática vai que racha. Lembremos que 0 crash do 29 encirrou a crise das democracias liberais e deu azos á barbarie totalitaria no período de entreguerras. Agora a Depresión 2.0 ameaza con baleirar á democracia da súa (moi) chuchada substancia cívica e republicana. Descrédito, desafección, deserción da política son diferentes graos dun imparábel devalo de lexitimidade e tamén da súa perda de engado como instrumento de transformación igualitaria da sociedade, dos mercados e das institucións. Sabemos tamén da mingua democrática que impón a política como propaganda sen pobo e estamos advertidos da ameaza que supón o abuso da política como espello de si mesma, desentendida das súas consecuencias, á marxe da vida real das persoas. » Ler máis.
15/05/2010
O Partido do Desquite
Francisco Louça, deputado e dirixente do Bloco de Esquerda, salientou nunha entrevista de Viento Sur que «a sociedade da información é o lugar dunha confrontación moi intensa de símbolos e emocións» e que «as campañas son violentas pois todo é posíbel cando é o poder o que está en xogo». A defenestración de Garzón é sen dúbida un episodio de extrema violencia que non deixa marxe ningunha á indiferenza, entre moitas razóns porque deixa á luz o substrato franquista no que repousa a maxistratura e no que mal se estea a nosa desorientada democracia. »Seguir lendo.
13/05/2010
Coraxe
O Partido Popular non pode estar máis feliz: o goberno terá que facer a política desexada polos conservadores que ademais poderán engordar os seus réditos electorais explotando o malestar cidadán. Rajoy está máis perto da Moncloa. Zapatero máis só no bordo do abismo. » Seguir lendo.
09/05/2010
A fermosa lavandería de Aguirre
A presidenta Aguirre escolleu un solemne 2 de maio para facer saber que a corrupción é consubstancial ás institucións democráticas. A lideresa do Partido Popular, ao xeito dos cativos, cre que a única versión do mundo realmente existente é a que reina na súa casa. E, efectivamente, nas institucións que desgoberna o Partido da Casa Gürtell, como indican todas as evidencias xudiciais e policiais, a corrupción é substantiva e consubstancial. » Seguir lendo.
08/05/2010
Política da atención
Dicía Samuel Johnson que a verdadeira arte da memoria é a arte da atención. Terán os actuais dirixente do PSOE sinalado o día de hoxe? Deberían. Un 8 de maio de hai cen anos, Pablo Iglesias gañaba un escano por Madrid, converténdose no primeiro deputado socialista das Cortes españolas. » Seguir lendo.
07/05/2010
O crime (político) perfecto
Hai que foderse e ver como a teimosa realidade nos emenda as opinións. O libdem Nick Clegg encaixou unha ruda derrota. Toca resignarse (moitos se aledarán). O home non era para tanto. O problema é que si era (e é) para tanto. Hai un cativo problema das regras de xogo do bipartidismo británico, que tamén compartimos no Reino de España. Chámase Lei electoral e vulnera o principio de igualdade. Unha parvada. » Seguir lendo.
04/05/2010
Milagres da Caixa Amiga
Aristóteles sostiña que o obxecto principal da política é crear amizade entre os membros da polis. A negociación da fusión das caixas galegas é un asunto político no seu sentido máis aristotélico: é un grandioso exercicio de amizade. O seu resultado máis logrado será unha única Caixa de galeguidade e solvencia gobernada por unha agarimosa panda de amigos. Nun país de minifundios atomizados poderemos contar cun monumento cívico ao espírito colaborativo, un espazo libre de malos fumes e cainismos. Caixa Amiga seríalle un acaído nome comercial. » Seguir lendo.
03/05/2010
Prensa liberal, nós que a queremos tanto
Hoxe é o día mundial da liberdade de prensa. O CPXG lémbrao cun apousado manifesto con palabras de Rosa Aneiros. Un parágrafo esclarecedor:
«O día 3 de maio, proclamado pola ONU como Día Mundial da Liberdade de Prensa, ven recoñecer que a existencia dunha prensa libre, plural e independente é alicerce básico para a unha verdadeira sociedade democrática. Para protexela non abonda con salvagardar a vida das e dos xornalistas. Cómpre asegurar o exercicio da profesión con garantías que van dende a necesaria protección da vida física ao respecto á independencia e liberdade no traballo cotián pero tamén unhas condicións sociolaborais dignas. A actual situación de crise económica mundial supón un duro golpe para a liberdade de prensa, non só pola diminución e limitación de recursos dos medios senón polo constatábel empeoramento das condicións laborais das informadoras e dos informadores». »Seguir lendo.
«O día 3 de maio, proclamado pola ONU como Día Mundial da Liberdade de Prensa, ven recoñecer que a existencia dunha prensa libre, plural e independente é alicerce básico para a unha verdadeira sociedade democrática. Para protexela non abonda con salvagardar a vida das e dos xornalistas. Cómpre asegurar o exercicio da profesión con garantías que van dende a necesaria protección da vida física ao respecto á independencia e liberdade no traballo cotián pero tamén unhas condicións sociolaborais dignas. A actual situación de crise económica mundial supón un duro golpe para a liberdade de prensa, non só pola diminución e limitación de recursos dos medios senón polo constatábel empeoramento das condicións laborais das informadoras e dos informadores». »Seguir lendo.
01/05/2010
O plan e o gato
Celébrase o 1 de maio ollando para o teito… para o teito do desemprego. Elena Salgado vaticina que o Reino non sumará 5 millóns de parados. Faino coa mesma credibilidade coa que, hai pouco máis dun ano, Celestino Corbacho afirmou que non se chegaría aos 4 millóns. A prospectiva é unha arte que o gabinete de Rodríguez Zapatero practica con funesta imprecisión. » Seguir lendo.
25/04/2010
Videocracia: dous e Nick Clegg
A centralidade dos medios de comunicación como sostén da política, para acceder ao poder ou manterse nel, fainos falar de mediacracia ou de democracia de audiencias. Se non xa agora, en moi pouco tempo, as batallas decisivas polo poder vanse librar ao redor de tres pantallas: a da TV, a do ordenador e a dos teléfonos móbiles; unha trindade de soportes que está chamada a compartir unha única linguaxe audiovisual e un formato intercambiábel de contidos. Giovanni Sartori albiscou este fenómeno e chamoulle videocracia ao predominio da imaxe e das culturas visuais na formación da opinión política. » Seguir lendo.
23/04/2010
A canseira do salmón
Entre as gratificacións de cando o meu oficio X estivo poder editar A carreira do salmón de Suso de Toro. O feito despoeirase agora na memoria cando farto, definitivamente canso, de Toro anuncia a súa retirada da escrita profesional e (semella que tamén) da literatura. Volve ao Instituto. Vanno pasar en grande os alumnos. Cando lle expliquen a historia da nosa literatura máis actual, e máis valiosa, resultaralles choqueiro saber que moitas das súas páxinas llas deben ao profesor que está na aula do lado. Promete explicacións máis demoradas. Infinita tristeza que as súas razóns dificilmente farán recuar. Todo indica que ao salmón venceuno a forza da canseira. » Seguir lendo.
15/04/2010
Política da desmemoria. O caso Touriño.
Felipe González deixou sentado que os ex-presidentes son como os floreiros chineses en apartamentos pequenos: teñen moito valor pero ninguén sabe onde poñelos. Hai situacións decorativas pospresidenciais moito peores cando pasan ser considerados como parte dunha herdanza molesta que invoca un pasado que se desexa esquecer de vez. Mergullado neste clima de estima partidaria, Emilio Pérez Touriño renunciou á súa acta de deputado apenas se cumpriu o primeiro aniversario da derrota do goberno bipartito. » Seguir lendo.
12/04/2010
Feijóo, grandeza e pedestal
Laureano X. Vidal, un rudo político mexicano, trazou a funesta deriva de todo presidente: “No primeiro ano é un enigma. No segundo é un deus. No último é o culpábel.” Feijóo queima etapas e no primeiro aniversario da súa investidura remexeu toda a predición de Vidal: resultou máis previsíbel que enigmático, adiantou abondosas poses de divino presidencialismo e foi culpábel de rotundos desacertos. » Seguir lendo.
07/04/2010
O sistema cebra e as dúas cartas
O Partido Irreprochábel que agora preside Núñez Feijóo pagou en negro a metade dos seus gastos electorais entre 1996 e 1999. Cando menos neste glorioso cuadrienio da era Fraga, a dobre moral combinouse cunha dobre contabilidade que permitiu facturar máis de 3,2 millóns de euros en diñeiro «negro» e un pouco menos en cartos brancos. »Seguir lendo.
01/04/2010
O eixe da prosperidade
Na primavera electoral de 2007, o Partido Popular fabulaba a existencia dun eixe de prosperidade que encanaba Madrid, Valencia e Baleares. Aguirre-Camps-Matas eran os peóns que movían a panca gobernamental popular coa que Mariano Rajoy removería os obstáculos electorais para chegar a Moncloa. Seguir lendo.
31/03/2010
Diarquías imposíbeis
Os spin doctors do PSdeG deberon ver como se abrían as portas do inferno cando o alcalde de Santiago, José Bugallo, chufou ao seu tocaio José Blanco e sentenciou que no seu partido hai un dobre liderado que partilla o ministro de Fomento co secretario xeral PachiVázquez. Iso si, un facéndose cargo do «liderado orgánico e establecido», mentres que o de Palas exerce un outro liderado «máis de tipo intelectual e pragmático». Só lle faltou citar a Napoleón –«Un líder é un vendedor de esperanza.»– para liquidar de vez ao seu estimado secretario xeral. » Seguir lendo.
30/03/2010
Bipartidismo feliz
PSOE e Partido Popular decidiron coidarse e encoraron toda reforma da Lei electoral, que non é outra cousa que o contrato blindado co que os dous grandes partidos se protexen de toda fórmula de proporcionalidade. Tiveron o apoio daquelas formacións nacionalistas que saben que contando cunha posición electoral hexemónica nos seus territorios poden acceder a unha vantaxosa repartición de escanos. A reforma morreuse soa e entre todos a mataron. Seguir lendo.
28/03/2010
A lóxica de don Eladio
Miss me yet? Botádesme de menos? Pregúntase George Bush nun valado publicitario perdido en Minnesota. A señardade neoconservadora mobilízase co reclamo de que nos Estados Unidos todo tempo pasado foi mellor que os incertos presentes de Barack Obama. En Galiza é pouco probábel que o retrato de Emilio Pérez Touriño pendure de ningures para excitar a morriña do bipartito, aínda que, á vista do goberno inexistente de Feijóo, a saudade das políticas do cambio estea máis que xustificada. » Seguir lendo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)