06/12/2004

A catro mans


Non teño claro que a envexa sexa o combustible que move o mundo... pero postos a envexar, envexo a Paco Ignacio Taibo II e a súa inesgotábel capacidade creativa. Anda as voltas cunha monumental biografía de Pancho Villa pero aínda ten tempo para meterse nunha aventura literaria a catro mans co subcomandante Marcos que xa comezou a publicar por entregas La Jornada. Unha novela policiaca escrita de modo mancomunado na que Taibo achega o seu primeiro detective de sona (Héctor Belascoarán Shayne) e o sub se estrea cun investigador zapatista Elías Contreras. Anuncian dez ou doce entregas e a súa vindeira publicación pola editorial Planeta. Comezo a súa lectura mentres me contento con arrastrar a miña reuma creativa e apando coas críticas que o 50% dos lectores deste blog me fan por non actualizalo con regularidade.

1 comentário:

Cesare disse...

Non se fíe, non se fíe...
Ese 50% non e tal...