30/07/2005

Elixidos para a gloria

Moitos foron os nominados pero catro os escollidos. Rematou a especulación. Sabemos, por fin, nomes e apelidos dos conselleiros e conselleiras do BNG: Ánxela Bugallo e Alfredo Suárez Canal, como estaba máis ou menos previsto, para Cultura e Medio Rural respectivamente. Fernando Blanco para Industria. E o nome máis sorpresivo do elenco nacionalista: Teresa Táboas, decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, para a Consellaría de Vivenda. Os blocólogos reparten afiliacións: dous UPG da liña eurocomunista , unha quintanista da extinguida Unidade Galega e unha independente non afiliada ao BNG que, hai un tempo, pasaba por ser filosocialista. En calquera caso, que a fortuna lles sexa propicia. A especulación ocúpase agora da segunda liña do goberno.

7 comentários:

Nygard disse...

Só me queda unha dúbida. Como se soe dicir na miña terra: E de quen vén sendo F. Blanco?...

Cesare disse...

eurocomunista, disque. :lol:
A ver, señor Ian, vostede que está tan informado... como vai o da segunda fila?

Ian disse...

Nygard: Blanco pasa por ser da UPG máis moderada. Síntoo moito Cesare da segunda fila tampouco soltan prenda. Pero parece confirmado que o noso Michael Moore de Naraío terá un cuñado que sera director xeral en agricultura.

Nygard disse...

A ver oh! Que eu xa sei que o Blanco é da UPG (moderada). Mais ao que me refería e como chegou a ser conselleiro. Para expresalo con transparencia: cota da UPG ou decisión de Quintana (e non vale dicir as dúas cousas, aínda que sexa certo).

En canto a segundas filas... espero que -unha vez constatado o perfil político de 3 de 4 conselleiros- se luzan nas direccións xerais. Mundo rural e cultura son áreas onde, coido eu, o BNG pode atopar xente boa con certa facilidade pois son temáticas recurrentes na historia política do BNG. Pero Industria!!! -e sen querer tomala con F. Blanco- : que equipo pode montar? Que contactos ten en I+D, Turismo ou Comercio???? Calquera outro podería ter un perfil demasiado académico, como acostumamos nesta casa, pero (espero equivocarme), este nin académico, nin empresarial, nin farrapos de gaita...

Sobre Teresa Táboas, se é filo-psoe como dicíades e cun perfil modernito- xa me imaxino de quen vai ser blanco de iras (e desvíos de atención) varias.

En fin, sorte moita...

Ian disse...

Decisión de Quintana. Non foi imposición da U pacorrodriguista que tería escollido a outros máis fideis coa ortodoxia. Supoño que, ao final, son as dúas cousas: cumprimento da cota pero Quintana elixindo a quen quere para o cota, Que contactos ten en I+D, Turismo ou Comercio? Espero que a formación da «segunda liña» non dependa exclusivamente da axenda de cada un dos Conselleiros...

Nygard disse...

Son primeirizo nesto, como case que todos no BNG, pero na miña humilde opinión deberían ser os conselleiros quen deseñaran o organigrama da súa consellería, moi en especial no referido aos nomes.

Asústanme as cotas nese nivel...

Ian disse...

Si, Nygard, é ben razoñábel que os Conselleiros conformen os seus equipos. Tan razonábel como que escoiten nomes que outros membros do BNG lle poidan achegar para conformar eses equipos. Suponse que quen ten a responsabilidade de goberno é o BNG e non só o conselleiro do BNG. Para relativizar o anterior teño que dicir que non creo nada, nadiña nada, na política de cotas partidarias nin no BNG nin nos gobernos do BNG, pero hai moita xente que teme que haxa cotas e «cotos pechados» segundo quen mande en cada Consellaría... un pouco de mestizaxe tampouco viña nada mal.