02/12/2006

O día da marmota

Acudo á cita asemblearia temendo ter que vivir un novo día da marmota. Hai algunha sinal esperanzadora que indica que o día de mañá pode ser distinto ao de hoxe. O pedido xa está feito.

6 comentários:

Nygard disse...

Ogallá me equivoque pero igual non quedamos como estabamos, é mesmo posíbel que quedaramos peor.

Ian disse...

Nada será igual, despois dese desenlace a tres bandas.

Nygard disse...

Cre vostede que é tempo de incertidume?

Ian disse...

Incertezas moitas, pero tamén evidencias. Forzados polos resultados, agora todos (case) están sentados ao redor da mesma mesa, da mesa na que se toman as decisións. Ninguén ten unha maioría que permita a imposición unilateral de decisións, toca facer maiorías que poden ser cambiantes segundo do que se estea a falar. Toca política como negociación e procura dun común denominador. É momento de aprender de errores e practicar emendas. Todo é incerto, pero todo é máis claro, déronse unha segunda oportunidade para unificar políticas de renovación sen exclusións. Será cousa de que se aproveite.

Veremos. De momento, creo que BNG está mellor que o venres pasado.

Anónimo disse...

Agardei con impaciencia novos posts neste teu blog, e como non os houbo recurro ao cmentario.
Creo que da Asemblea saiu un mandato claro, que non se votou, pero que se aplaudiu e se berrou, "poñédevos de acordo e a traballar". Había gañas na militancia de rematar disputas. Creo tamén que houbo momentos moi fermosos o Domingo pola tarde, por parte da militancia e por parte de Quin, e a Quin faltáralle antes ese difuso toque humano, unha conexión coa militancia, o Domingo conseguiuno; exerceu de líder e a votación dos delegados gañouna el porque a pelexou el, foi unha victoria súa; pero soubo ser un bo xefe cando el, e só el, lle entregou á Asemblea a lista da Executiva, foi outra victoria súa.
Alegreime ao ver que os tonos baixaban do Sábado ao Domingo, e que a votación das candidaturas puxo a cada un no seu sitio, ninguén pode dicir que non falou ou que non está. O tempo que se abre agora é po encaixe de bolillos, pero todos estamos á espectativa e con gañas de ver traballo.
Coido que foi unha boa Asemblea.
E por último, deume a sensación de que as xubiliacións serán en grupo ou non serán.
Unha aperta, agardando os teus asisados posts.

Ian disse...

Ola Ith, escribir escribin sobre a asemblea, os post están como artigos en vieiros.com. Lamento que isto das duplas firmas creen tanta desorientación. Podes consultar tres artigos meus aquí:
http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=54360&Ed=1
http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=54362&Ed=1
http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=54399&Ed=1

Saúdos