Eficacia e credibilidade dise que son os principios activos do bo goberno. Todo indica que Xunta conservadora unicamente é eficaz na demolición da herdanza política do Bipartito; só é críbel para quen non cre no autogoberno galego. «Sente que a sua vida está a melhorar?» Mia Couto rexistrou a contestación que un paisano seu deu á TV mozambiqueña: «Está a melhorar, sim senhor, pero está a melhorar muito mal.» O mesmo balance vale para o goberno do PPdeG: Galiza mellora, si, mais mellora para mal. Seguir lendo.
Mostrar mensagens com a etiqueta Benestar. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Benestar. Mostrar todas as mensagens
19/01/2010
29/10/2009
Honestidade presidencial
A wikipedia. A honestidade é unha calidade humana que consiste en comportarse e expresarse con coherencia e sinceridade, e de acordo cos valores de verdade e xustiza. No seu sentido máis evidente, a honestidade pode entenderse como o simple respecto á verdade en relación co mundo, os feitos e as persoas; noutros sentidos, a honestidade tamén implica a relación entre o suxeito e os demais, e do suxeito consigo mesmo.»O caso. Efectivamente estamos falando de Alberto Núñez Feijóo, o verdadeiro mentireiro, e da tentativa (marrada) de eliminar o «complemento autonómico» das pensións non contributivas, mostra miúda da súa nova política de «austeridade social».
Cando o Bipartito acordou o complemento, o PPdeG saíu da gruta para quitarlle importancia, mesmo houbo medios de comunicación que despois dunha sisuda investigación concluíron que os douscentos euros non daban para mercar a barra de pan de todos os días ao ano. A contabilidade panadeira desautorizaba toda mínima medida de xustiza á espera de que o Partido Popular chegase novamente a San Caetano co corno da abundancia.
E chegou... para propagandear felizmente a derrogación do complemento. Anunciouno a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi argumentada olfactivamente polo voceiro parlamentario do PPdeG, Ruíz Rivas, e bendicida polo mesmo Feijóo apenas unhas horas antes de trasacordar a súa suspensión e facer, en sede parlamentaria, unha cambiada de xogo para santificar solemnemente o mantemento do complemento e, como bonus, a súa suba ao son da medra do IPC.
Antes a Secretaria Xeral de Benestar, Susana López Abella, volvera facer as contas da vella para desprezar os 0,5 euros diarios que percibían os pensionistas con menos ingresos. Os honestos conservadores prometían, a cambio da derrogación benefactora, ríos de leite e mel e financiar cos dez millóns aforrados novos servizos de proximidade e, como non, adoptar políticas de axuda que fosen sustentábeis e duradeiras polos séculos dos séculos, amén. Moito lles ían render os dez millóns dos pensionistas galegos, dos que menos cobran no Estado.
O noso presidente só cede ao engado do espello mediático. Feijóo máis preocupado pola súa imaxe que polo benestar dos pensionistas reparou no alto prezo que podía pagar por eses dez millóns releados. Decatouse (tarde) de que expropiación dos 200 euros a 50.000 galegos podíalle saír carísima pero, sobre todo, revirou o fociño ao descubrir que acababa de emendar á totalidade á súa fábula sobre uns felices orzamentos pensados para o gasto social e as persoas.Feijóo é home de principios e autoridade. Así que retornou ao principio, afeoulle a conduta á súa obediente conselleira e ao seu voceiro parlamentario, e ratificou ante a parroquia popular que unicamente hai que salvar a súa auctoritas e imaxe pública. Cambiou de idea e rectificou a decisión anulatoria pero faltoulle a honestidade de recoñecer que realmente trasacordara.
No debate de investidura Núñez Feijóo, aínda pre-presidente, sentou cátedra: «Señoras e señores deputados, coincidirán comigo en que o principal combustíbel para manter o avance deste país é a verdade.» Alguén debería dicirlle ao Señor Presidente que lle comeza a faltar dramaticamente o subministro de combustíbel. O país permanece entalado mentres o Presidente segue virando ao redor do seu embigo mediático, movido unicamente pola imparábel forza das súas verdades mentireiras.
Subscrever:
Mensagens (Atom)