Abraham Maslow, que algo sabía da psicoloxía humana, previunos de que «se a túa única ferramenta é un martelo, tendes a tratar cada problema como se fose un cravo». Núñez Feijóo cre que hai un ano os cidadáns galegos lle deron un martelo de 38 deputados. Desde aquela esa é única ferramenta coa que entende que hai que adoita tratar os problemas. Na caixa de ferramentas do noso presidente non hai lugar para consensos, transaccións, diálogos ou oportunas rectificacións. El cre que todo se arranxa co seu martelo. O principal valor presidencial é o martelo. » Seguir lendo.
26/02/2010
Feijóo, martelo e cravos
25/02/2010
Obediencia debida
24/02/2010
Triunfo da política obscena
21/02/2010
Entrevista en Xornal de Galicia
Xornal de Galicia interesouse polas miñas opinións sobre a novísima dereita e o goberno da deleiba que preside Núñez Feijóo. A entrevista é de Rodri Suárez.
19/02/2010
A saga/fuga de JB
18/02/2010
Redes sociais ou de camuflaxe?
16/02/2010
Maiorías silenciosas e medos electorais
15/02/2010
Bipartidismo esterilizante
09/02/2010
Non penses en Sabón
08/02/2010
Zapatero no Titanic
05/02/2010
A crise? Unha anécdota
04/02/2010
Feijóo: axenda imposíbel
«A semana que vén non teño tempo para crises: a miña axenda xa está ateigada.» O sarcasmo atribúese a Henry Kissinger, diplomático guerreiro. A Feijóo ocórrelle o mesmo, amoréanselle expedientes negros na mesa; non hai lugar para máis.
A súa cordial política abriu sobrados frontes de malestar. Fusión imperativa das caixas, decreto de anormalización lingüística no ensino preuniversitario, programación frustrante do Xacobeo... Algúns están dormentes (decreto eólico...), outros son desclasificados por fieis profesionais do silencio que eximen a Feijóo de toda responsabilidade na xestión da crise económica. Se fose outro goberno o que tería que aturar... » Seguir lendo.
03/02/2010
Rolda da Rebeldía. Un desafogo
02/02/2010
Caciques, os outros
01/02/2010
Neobaltarismo
Un exemplo de democracia. O Congreso do Partido Popular de Ourense. Máis que un congreso de compromisarios foi congreso de comprometidos, uns coa trama de poder que se tece desde a Deputación, outros coa que se anima desde o despacho do superdelegado da Xunta en Ourense. Máis dun mes de duras retesías intestinas no PPdeOU no que se fixo uso de todo o repertorio de medios do novo e do vello caciquismo, un tráfico tan público como intenso de lealdades e débedas de favor, de ameazas e promesas.
O proceso congresual estivo pautado por coaccións e a lembranza institucionalizada de fidelidades e ameazas, impúxose o imperio da sospeita e garantiuse a creba de toda confianza na libre decisión dos compromisarios. Tan gloriosas condutas tamén conduciron ao presidente Núñez Feijóo a cualificar a democracia orgánica do PPdeOU como exemplar. Tamén lle valeu para santificar as honestas prácticas dos Soprano: «Este non é o partido dos caciques.» Se chega a ser… » Seguir lendo.