28/06/2010

Desmentido

Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de narcocorridos, acudiu aos medios de comunicación para desmentir a súa morte. O narcoterror ten no punto de mira aos que cantan a súa existencia. Roberto Saviano deixouno claro, ás mafias (a todas as mafias) o único que lle reina de verdade é o silencio. Vegas era dos que non gardaba silencio. » Ler máis.

15/06/2010

A Tranversal Conservadora

Manuel Rivas non cansa de emendar unha vella imaxe do noso país: «Galicia non é un país conservador. Se antes era un tópico, agora o é máis.» Nas contas saen máis votos aniñados no BNG e no PSdeG que no PPdeG. A fría contabilidade di que é así pero o caso triste é que esa etiquetaxe ideolóxico-partidaria convencional agocha teimuda a existencia dunha Transversal Conservadora que suma máis que calquera outro agregado de vontades ao reunir aos conservadores da dereita, da esquerda e do nacionalismo. >> Ler máis.

14/06/2010

Centralidade política

Duran i Lleida devaluou o proxecto de reforma laboral asegurando que era un churro; hai días abraiou aos lectores de Expansión afirmando que «por fortuna Zapatero xa non goberna España». A última sondaxe de Público dá (en prospectiva) a razón ao secretario xeral de CiU: co 33,1% da estimación do voto en xuño, o PSOE sitúase fóra do goberno e a diferenza de 8,6 puntos que lle quita o Partido Popular achégao á Moncloa aínda que, de momento, non atinxira o máximo de apoios que contabilizou no Publiscopio de outubro de 2009 co 43% de voto estimado. » Ler máis.

11/06/2010

Zapatero: última oportunidade

Un 8 de maio, hai cen anos, Pablo Iglesias gañaba un escano por Madrid e convertíase no primeiro deputado socialista das Cortes españolas. O PSOE conmemorou o centenario do fito histórico e escenificou que, malia todas as diferenzas e retesías, a familia (política) é a familia e moito máis cando tocan tempos difíciles. O lema de As voces de Pablo Iglesias convocou a todas sensibilidades nun apelo da lealdade á tradición como garantía de supervivencia das familias e dos clans socialistas. » Ler máis.

07/06/2010

Milagres populares

A quen nos gusta a escrita de Enric González estamos de boa hora. Ademais de seguir as cartografías das fronteiras movedizas de Oriente Medio agora poderemos gozar dos seus debuxos de mestre sobre o mundial de fútbol. Estes días remato de lerlle Historias de Romaque se abre cun relato retranqueiro das milagres de (san) Filipe Neri. Narración milagreira que me permite repoñerme da abraiante apoteose operada nos últimos días polo Partido Popular, agora transmutado no novo partido do proletariado. » Ler máis.

06/06/2010

Etiquetaxe política

Larra escribiu: «A lei implacábel da natureza: devorar ou ser devorado. Pobos, individuos, ou vítimas ou verdugos.» Alguén completou a cita dicindo que a lei da política era cualificar ou ser cualificado. Etiquetar de xeito rotundo foi unha arte da alta política tan eficaz como a descualificación do rival na baixa política. Nestes tempos difíciles etiquetaxes e abaixamentos andan confusamente barallados pero colgar sambenitos inapelábeis segue a ser patrimonio dos poderosos e pesadelo dos febles (ou dos debilitados). » Ler máis.