25/04/2010

Videocracia: dous e Nick Clegg

A centralidade dos medios de comunicación como sostén da política, para acceder ao poder ou manterse nel, fainos falar de mediacracia ou de democracia de audiencias. Se non xa agora, en moi pouco tempo, as batallas decisivas polo poder vanse librar ao redor de tres pantallas: a da TV, a do ordenador e a dos teléfonos móbiles; unha trindade de soportes que está chamada a compartir unha única linguaxe audiovisual e un formato intercambiábel de contidos. Giovanni Sartori albiscou este fenómeno e chamoulle videocracia ao predominio da imaxe e das culturas visuais na formación da opinión política. » Seguir lendo.

23/04/2010

A canseira do salmón

Entre as gratificacións de cando o meu oficio X estivo poder editar A carreira do salmón de Suso de Toro. O feito despoeirase agora na memoria cando farto, definitivamente canso, de Toro anuncia a súa retirada da escrita profesional e (semella que tamén) da literatura. Volve ao Instituto. Vanno pasar en grande os alumnos. Cando lle expliquen a historia da nosa literatura máis actual, e máis valiosa, resultaralles choqueiro saber que moitas das súas páxinas llas deben ao profesor que está na aula do lado. Promete explicacións máis demoradas. Infinita tristeza que as súas razóns dificilmente farán recuar. Todo indica que ao salmón venceuno a forza da canseira. » Seguir lendo.

15/04/2010

Política da desmemoria. O caso Touriño.

Felipe González deixou sentado que os ex-presidentes son como os floreiros chineses en apartamentos pequenos: teñen moito valor pero ninguén sabe onde poñelos. Hai situacións decorativas pospresidenciais moito peores cando pasan ser considerados como parte dunha herdanza molesta que invoca un pasado que se desexa esquecer de vez. Mergullado neste clima de estima partidaria, Emilio Pérez Touriño renunciou á súa acta de deputado apenas se cumpriu o primeiro aniversario da derrota do goberno bipartito. » Seguir lendo.

12/04/2010

Feijóo, grandeza e pedestal

Laureano X. Vidal, un rudo político mexicano, trazou a funesta deriva de todo presidente: “No primeiro ano é un enigma. No segundo é un deus. No último é o culpábel.” Feijóo queima etapas e no primeiro aniversario da súa investidura remexeu toda a predición de Vidal: resultou máis previsíbel que enigmático, adiantou abondosas poses de divino presidencialismo e foi culpábel de rotundos desacertos. » Seguir lendo.

07/04/2010

O sistema cebra e as dúas cartas

O Partido Irreprochábel que agora preside Núñez Feijóo pagou en negro a metade dos seus gastos electorais entre 1996 e 1999. Cando menos neste glorioso cuadrienio da era Fraga, a dobre moral combinouse cunha dobre contabilidade que permitiu facturar máis de 3,2 millóns de euros en diñeiro «negro» e un pouco menos en cartos brancos. »Seguir lendo.

01/04/2010

O eixe da prosperidade

Na primavera electoral de 2007, o Partido Popular fabulaba a existencia dun eixe de prosperidade que encanaba Madrid, Valencia e Baleares. Aguirre-Camps-Matas eran os peóns que movían a panca gobernamental popular coa que Mariano Rajoy removería os obstáculos electorais para chegar a Moncloa. Seguir lendo.