29/05/2010

Gastos invisíbeis

Na súa comedida cruzada contra o superfluo e o desbaldo dos cartos públicos, LVG ofrece aos lectores sabatinos unha cumprida información sobre os asesores que cangan o orzamento dos concellos da Gz-7. No top, A Coruña do bipartito que suma 36 cargos de confianza (34 de BNG e PSdeG e 2 do PPdeG) e no bottom Pontevedra, a cidade galega máis austera con tan só 6 asesores. O informe ratifica, coa imparcialidade acostumada, a tese do Partido Popular de que as coalicións son unha fonte de desbaldo. » Ler máis.

28/05/2010

Gürtel con G de Galiza

Na cartografía sentimental da dereita, Galiza sinalouse como feudo irredutíbel dos valores conservadores e retagarda da súa esperanza en futuras vitorias no Estado. Na era Fraga, o PPdeG presentou os seus méritos como adianto das grandezas que adornarían España unha vez vencido o felipismo. Daquela forxouse unha colosal hexemonía e un singular sistema de recadación e mobilización de recursos para a conservación do poder. Hoxe sabemos que Gürtel é un spin off dese soberbio estilo de gobernarse. »Ler máis.

Pirotecnia interior

En caída libre, Rodríguez Zapatero sofre como un presidente pato coxo ao que se lle esgotou o engado cidadán, as ideas e a iniciativa política, e ao que se lle está acabando tamén o tempo. Todo indica que a única capacidade realmente operativa que lle queda é elixir o momento en que quere sacrificarse nas urnas, intentar un último órdago electoral ou dar paso a un precipitado relevo no liderado do PSOE. »Ler máis.

Donuts, democracia e rebeldía

A cousa democrática vai que racha. Lembremos que 0 crash do 29 encirrou a crise das democracias liberais e deu azos á barbarie totalitaria no período de entreguerras. Agora a Depresión 2.0 ameaza con baleirar á democracia da súa (moi) chuchada substancia cívica e republicana. Descrédito, desafección, deserción da política son diferentes graos dun imparábel devalo de lexitimidade e tamén da súa perda de engado como instrumento de transformación igualitaria da sociedade, dos mercados e das institucións. Sabemos tamén da mingua democrática que impón a política como propaganda sen pobo e estamos advertidos da ameaza que supón o abuso da política como espello de si mesma, desentendida das súas consecuencias, á marxe da vida real das persoas. » Ler máis.

15/05/2010

O Partido do Desquite

Francisco Louça, deputado e dirixente do Bloco de Esquerda, salientou nunha entrevista de Viento Sur que «a sociedade da información é o lugar dunha confrontación moi intensa de símbolos e emocións» e que «as campañas son violentas pois todo é posíbel cando é o poder o que está en xogo». A defenestración de Garzón é sen dúbida un episodio de extrema violencia que non deixa marxe ningunha á indiferenza, entre moitas razóns porque deixa á luz o substrato franquista no que repousa a maxistratura e no que mal se estea a nosa desorientada democracia. »Seguir lendo.

13/05/2010

Coraxe

O Partido Popular non pode estar máis feliz: o goberno terá que facer a política desexada polos conservadores que ademais poderán engordar os seus réditos electorais explotando o malestar cidadán. Rajoy está máis perto da Moncloa. Zapatero máis só no bordo do abismo. » Seguir lendo.

09/05/2010

A fermosa lavandería de Aguirre

A presidenta Aguirre escolleu un solemne 2 de maio para facer saber que a corrupción é consubstancial ás institucións democráticas. A lideresa do Partido Popular, ao xeito dos cativos, cre que a única versión do mundo realmente existente é a que reina na súa casa. E, efectivamente, nas institucións que desgoberna o Partido da Casa Gürtell, como indican todas as evidencias xudiciais e policiais, a corrupción é substantiva e consubstancial. » Seguir lendo.

08/05/2010

Política da atención

Dicía Samuel Johnson que a verdadeira arte da memoria é a arte da atención. Terán os actuais dirixente do PSOE sinalado o día de hoxe? Deberían. Un 8 de maio de hai cen anos, Pablo Iglesias gañaba un escano por Madrid, converténdose no primeiro deputado socialista das Cortes españolas. » Seguir lendo.

07/05/2010

O crime (político) perfecto

Hai que foderse e ver como a teimosa realidade nos emenda as opinións. O libdem Nick Clegg encaixou unha ruda derrota. Toca resignarse (moitos se aledarán). O home non era para tanto. O problema é que si era (e é) para tanto. Hai un cativo problema das regras de xogo do bipartidismo británico, que tamén compartimos no Reino de España. Chámase Lei electoral e vulnera o principio de igualdade. Unha parvada. » Seguir lendo.

04/05/2010

Milagres da Caixa Amiga

Aristóteles sostiña que o obxecto principal da política é crear amizade entre os membros da polis. A negociación da fusión das caixas galegas é un asunto político no seu sentido máis aristotélico: é un grandioso exercicio de amizade. O seu resultado máis logrado será unha única Caixa de galeguidade e solvencia gobernada por unha agarimosa panda de amigos. Nun país de minifundios atomizados poderemos contar cun monumento cívico ao espírito colaborativo, un espazo libre de malos fumes e cainismos. Caixa Amiga seríalle un acaído nome comercial. » Seguir lendo.

03/05/2010

Prensa liberal, nós que a queremos tanto

Hoxe é o día mundial da liberdade de prensa. O CPXG lémbrao cun apousado manifesto con palabras de Rosa Aneiros. Un parágrafo esclarecedor:


«O día 3 de maio, proclamado pola ONU como Día Mundial da Liberdade de Prensa, ven recoñecer que a existencia dunha prensa libre, plural e independente é alicerce básico para a unha verdadeira sociedade democrática. Para protexela non abonda con salvagardar a vida das e dos xornalistas. Cómpre asegurar o exercicio da profesión con garantías que van dende a necesaria protección da vida física ao respecto á independencia e liberdade no traballo cotián pero tamén unhas condicións sociolaborais dignas. A actual situación de crise económica mundial supón un duro golpe para a liberdade de prensa, non só pola diminución e limitación de recursos dos medios senón polo constatábel empeoramento das condicións laborais das informadoras e dos informadores». »Seguir lendo.

01/05/2010

O plan e o gato

Celébrase o 1 de maio ollando para o teito… para o teito do desemprego. Elena Salgado vaticina que o Reino non sumará 5 millóns de parados. Faino coa mesma credibilidade coa que, hai pouco máis dun ano, Celestino Corbacho afirmou que non se chegaría aos 4 millóns. A prospectiva é unha arte que o gabinete de Rodríguez Zapatero practica con funesta imprecisión. » Seguir lendo.