24/02/2006

Dez anos

Vieiros cumpre hoxe 10 anos. Naceu como o barrio galego na rede en 1996 e axiña mudaría a súa natureza para ser o primeiro xornal dixital en lingua galega. Centovinte anos antes, Lamas Carbajal daba ao prelo O tío Marcos da Portela, o xornal fundacional da prensa en galego. Co gallo do centenario do nacemento de Lamas Carbajal, López Cuevillas anota: «Tiña un xornal agudo e destemido como unha donicela, e dende el atacaba aos inimigos e defendía aos amigos, en prosas cheas de graza e intención.» A nosa donicela na rede ten xa dez anos. Destemida e aguda, armada de prosas cheas de coraxe e intención. Coidemos da donicela e mimemos a súa aufoutada liberdade.

4 comentários:

Nygard disse...

Na miña terra á "donicela" chamabámoslle "dinusiña" (o da s é polo seseo). Miña nai dicíame que había que fuxir delas porque botábanseche aos ollos e deixabanche cego...

Anónimo disse...

vieiros...

ummm... terei que investigar por aí, entón... a ver quen es...

:-p

estou enganchada a dpaso, vou lendo mensaxes antiguos... todo, todo interesante...

tiña que dicilo...

claro que iso non me deixa tempo, nin ánimo para escribir eu... pero ben, con calma... non si?

opaco disse...

Pois si que choveu, non me parece que pasase tanto tempo, anque ao lembrar que o único xeito de conectar coa rede era a Infovía aquela do 055 a través do modem si que parece doutro tempo. Parabéns a Vieiros, sempre á avangarda, e a você tamén pola parte que lle poida tocar ;-)
...e eu tamén crecín co de denociña (con seseo incorporado)

Ian disse...

Si Nygard, dinusiña ou denosiña coma di miña nai. Esta da que eu falo tamén se lle bota aos ollos da xente, pero é para abrirllos e non para deixalos cegos... Ten mala sona, si. As palabras agochan curiosamente a forma coas que nos relacionamos con ela. En labregos casteláns dinlle «comadreja» que é unha forma claramente despectiva. Os galegos, donicela, é dicir doncela, que é unha forma de engaiolala, gañarse o seu favor e evitar que nos faga mal. Cousas das palabras, claro.

Lúa, se por ler de paso deixa de escribir a tola do monte, non lea de paso, que vostede perde de escribir e eu de lela. É broma.