07/02/2006

Teimando

Co retorno de Lolo ao blogmillo activo ven o mandado de facer un catálogo mínimo das miñas teimas. Ao xeito de galano polo seu regreso, estas son:
  1. Pedir os cafés fervendo e deixar esmorecer a súa quentura até tomalos fríos (para poder liquidalos dun único grolo).

  2. Non usar nunca o envés das páxinas dos cadernos nos que escribo.

  3. Aborrecer aquel libro ao que, por descoido, lle fago unha enruga na capa, e procurar un novo exemplar para compensar a baixa.
  4. Trabar nas unllas con paixón caníbal.

  5. Pampar, ollando pola ventá, despois de poñer os carpíns.

9 comentários:

Anónimo disse...

grande descubrimento o deste blog.

moitas gracias pola túa visita (eu non son capaz de tratarte de vostede, se non utilizo ese trato nin co meu bisavó... tan só o utilizo cando quero marcar distancia, moita distancia... non é este o caso)

pois iso, grande descubrimento.

aínda que non sei a que é debido custame ler o que aquí está escrito. non sei por qué. pensando e pensando creo que é unha cuestión de formato. pérdome no ancho, creo. de tódalas formas leo. blogs coma este fan que perda sentido o blog propio.

graciñas por todo, por nada, por estar de paso.

Anónimo disse...

por certo, ía comentalo e quedoume no fondo do peto... parece que caíches na rede das teimas.

mira con quen te xuntas... :-p

Ian disse...

Non tema, as compañías son boas coma a súa. Non entendo moi ben iso de que se perde no ancho e que iso lle dificulta a lectura, non navegará vostede con explorer? Se é así cambie a Mozilla, verá o blog coma é en realidade.

Anónimo disse...

realmente é iso, si...

comprobeino en mozilla e lese todo ben e no formato habitual de tódolos blogs...

o que non entendo é por que só me pasa co teu? (eu non te vostedearei... non me sae... non mo tomes a mal)

Ian disse...

Pódeme atuar, sen problema, ningún, isto do vostede é un convencionalismo do xénero que eu practico sen entender aínda moi ben porque razón. O do explorer é tamén un misterio pra min.

Anónimo disse...

:)

es misterioso ata para ti mesmo. comparto contigo o de asumir o que non entendo de min mesma.

por certo, contaxiáronme ao final co das teimas... vaia unha teima o temas das teimas!!!!

pensareinas, a ver se saen cinco...

hei de ver tamén eu con quen me xunto... vaia por deus!!!!

:p

folerpa disse...

Non ven aocnto,pero da gusto ver na TV a alguén que non sexa una adocenado xornalista, poñendo en apuros aos políticos dediante das súas notables e evidentes contradicións, sobre todo aos ex-directores dos carteiros, ainda que lego reposten o que queiran. Moi atinadas as túas preguntas. Parabéns pola túa intervención, gardo que segas en futuros programas.

Anónimo disse...

ui... es un periodista que sae na televisión?

mi madriña... unha nunca sabe con quen está a falar...

non sei se quero saber quen es? :p

Ian disse...

Non se preocupe farei por manter o anonimato. Tampouco saio tanto na televisión como para que teña que preocuparse.