30/12/2006

Fin

Falsamente nos convencemos de que é mellor unha rápida fin que non unha longa e sufrinte agonía. É un fráxil pero necesario engano para alivar as derradeiras horas. O pasamento de meu pai dános a medida exacta das primeiras palabras contadas de Camilo Franco: «A especie está afeita á morte pero os individuos non.» A tribo e o noso pequeno clan tampouco. Tan só somos un menos pero o baleiro é infinito.

1 comentário:

Lúa Neghra disse...

Todos cremos na fin rápida moito mellor cá agonía, pero no fondo temos a esperanza de que hai xente que non pode morrer e de que non é posíbel que marchen. Dende xuño, aínda non o creo eu tampouco. Moito ánimo. Unha aperta forte.