20/01/2009

20 xaneiro

20 de xaneiro, Obama novo presidente dos USA. Cae a folla do almanaque que me suma 48 anos. Calidonia agasállame, xenerosa e sorpresivamente, coa mellor banda sonora para este día no que sempre pasan tantas cousas: This land is your land de Woody Guthrie, e cun galano de memoria, vida, imaxes e cancións que identifican a versión do país das barras e estrelas que a min máis me gusta. Quédolle eternamente agradecido.


4 comentários:

Anónimo disse...

Só 38? Non restaría mal?

Ian disse...

Grazas anónimo por desfacerme a felicidade de ser máis novos. Son 48, un tras outro. :D

bouzafria disse...

Parabéns pra você...

Anónimo disse...

Non era por j., era porque así eu me sentía vello de máis :-(.
Por certo, non se estará pasando ao bando dos admiradores das folclóricas (sección Paco R.)? Dígoo por iso de quitarse anos ;).
Moitos parabéns e, desde logo, que cumpra moitos, moitísimos máis.