02/03/2010
Feijoo e nada máis
O presidencialismo é unha das marcas de identidade do Novo Réxime que se institucionalizou tras o 1-M. Dísenos que, en actitudes e formas, Núñez Feijóo é moito máis presidencialista que Touriño, González Laxe, Albor e Fraga; si, tamén máis presidencialista que o Patrón e León de Vilalba, quen durante tres lustros foi todopoderoso presidente de Galiza e a quen non lle chistaba ninguén. Indicador dese irresistíbel presidencialismo é que, a diferenza dos executivos doutrora, actualmente os conselleiros teñen moito menos protagonismo e autonomía de acción. Decide e reina Feijóo. Faise virtude do que non se ten; dada a falta de equipo de goberno abonda con enxalzar a existencia dun presidente presidencialista. » Seguir lendo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário