11/03/2010

Rivas: xornalismo da resiliencia

Décimo volume onde Rivas axunta a súa obra xornalística a contar incluíndo a inaugural Galicia, el bonsái atlántico de 1989, Episodios galegos compacta entregas que lemos no «Luces» de El País-Galicia; un libro que, antes de nada, desmente rotundamente á confraría crítica que aínda teima en considerar a escrita dos xornais como literatura efémera e de caducidade inmediata. Prexuízo que despreza un feito capital: os xornais, malia o devalo de vendas, seguen a ser o principal espazo de relación entre os creadores literarios e o groso da sociedade lectora. »Seguir lendo.