07/02/2006

O político

Na sobremesa, perdo tempo zapeando até dar con O político, unha cinta de Robert Rossen que foi gañadora de tres oscar en 1949. Co título orixinal de All the King´s mens, foi a terceira peza cinematrográfica de Rossen, tras Johny O'Clock e Body and Soul. O político está baseada nunha novela, coa que Robert Penn Warren ganou o Pulizter, onde se narra o fulgurante ascenso de Willie Starks, un afoutado político local que contudentemente se abre paso na carreira electoral até chegar a ser gobernador. Para manterse no cumio do poder, Starks bota man da chantaxe, a extorsión e mesmo do asasinato. Un alegato ferozmente crítico contra o todo vale con tal de gañar que tan ben caracteriza a berlusconización da política dos nosos tempos. O filme ten momentos memorábeis como ese no que Starks afirma que «a merda sempre teima por quedarse pegada», unha cínica sentenza que nos advirte, non obstante, sobre unha das máis comúns tentacións do exercicio do poder: o seu irmanamento coa corrupción. O seu pasado esquerdista e as acedas denuncias desta película fixeron de Robert Rossen unha doada presa na caza de bruxas impulsada polo senador MacCarthy que nestes días volve ás pantallas con Boas noites e boa sorte de George Clooney. Axiña poderemos ver tamén o remake de All the King´s mens que dirixe Steven Zaillian e protagonizan Sean Penn, Jude Law e Kate Winslet, e comparar co orixinal de Rossen.

2 comentários:

R.R. disse...

Pois falando de cousa parecida, recomendo ver a quen teña oportunidade "A Ópera de a Patacón" que está representando Teatro do Aquí...

Ian disse...

Fun á Opera do patacón e gostei moito dela. Moito, moito.