09/09/2008

Comunicación e catástrofes

O escritor e xornalista Josep María Espinàs deixou escrito hai tempo que «comunicarse con éxito a través dun medio de comunicación é, hoxe en día, imposíbel». Sen chegar a semellante extremo hai que recoñecer a existencia de dificultades que rozan a imposibilidade cando se trata de informar no medio dunha catástrofe sobre unha catástrofe.

Co accidente de Barajas como pano de fondo, Soledad Gallego-Díaz lembraba, no seu «Punto de Observación», as tres recomendacións básicas dos expertos en comunicación en situacións de crise:

  1. Hai que dicilo todo, dicilo rápido e dicir a verdade.
  2. Hai que responder rapidamente a todo o que se pregunte e facelo de xeito claro e conciso.
  3. Non hai que deixar que as decisións sobre a comunicación as tomen nin avogados nin políticos xa que, á marxe da súa boa vontade, nunca son bos voceiros.

O incendio do Gorxal puxo en evidencia, unha vez máis, o difícil que resulta seguir as normas dunha boa comunicación da crise por moi claras que estean no papel.

Sem comentários: