10/09/2008

Economía vacacional

Malia estar convocado como un gran debate parlamentario para expor as solucións á crise económica, rematou informativamente como unha agre desputa doméstica sobre as preferencias de lecer e os gastos vacacionais do presidente Touriño e de Núñez Feixóo. Aguilloado pola provocación do líder do PPdeG, Pérez Touriño entregouse a unha escalada verbal de dubidosa utilidade pública. Nivelazo argumentativo de La Noria. Para poñerlle colofón, só faltou que algún dos antagonistas recuperase (e adaptase) as enxeñosas definicións de Ronald Reagan quen dicía que depresión económica é cando perdes o teu emprego; recesión cando un veciño está no paro; e recuperación cando está sen traballo Jimmy Carter / Pérez Touriño / Núñez Feixóo [chátese o que máis preste].

5 comentários:

Anónimo disse...

En realidade non pensa que as medidas que propón Quintana pouco han paliar a crise (nunca resolvela) porque cando se executen plenamente xa se terá producido a recuperación económica?

Ian disse...

Haille de todo, políticas con efectos a medio-longo prazo (I+D+I, sociedade da información...), algunhas curto-medio (construción de vivenda protexida), outras inmediatas pero con limitada capacidade de creación e emprego (creación de novos servizos e equipamentos do benestar)... En calquera caso, sempre é bo comezar canto antes, e tendo ademais en conta que a «chegada» do groso da crise en Gz vén con algo de atraso, o ciclo regresivo pode acurtarse un chisco se o paquete de iniciativas ten efectos a un ano ou ano e medio... En calquera caso, se o que quere subliñar é que non hai miragres nin politicas de grande impacto ao curto prazo, pois leva razón... Ao meu entender, o máis inmediato é o que ten que ver coa licitación de obra pública e a oferta pública de emprego.

Anónimo disse...

Concorto basicamente con vostede e as medidas parécenme ben.
Mais eu observo que neste tema o afán pedagóxico de Quintana, a pouco que se descoide, tende a esvarar pola pendente da mera propaganda (vulgo: vender a moto). E hoxe en Galicia hai "votantes sofisticados" aos que non lle presta moito tal exceso. Se falamos dunha "nova política" é conveniente non reproducir os males da "vella", ou cando menos intentalo na medida do posible, non cre?
Grazas por contestar.

LM disse...

e cahmando-lhe ás coisas pelo seu nome nom nos entenderiamos melhor?beijos

Anónimo disse...

Hello, as you may already noticed I'm fresh here.
In first steps it's very nice if someone supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks in advance and good luck! :)