21/11/2004

Fin da tregua

O debate asembleario sobre a posición do BNG respecto do referendo da Constitución europea rematou cunha vitoria moi axustada do NON. Asemade iniciouse o proceso de confección das súas listas electorais. Sobre a mesa volven estar na apariencia dun debate de ideas a xorda loita por erosionar a hexemonía da UPG e, de paso, un desafío ao liderado de Anxo Quintana. Unicamente Esquerda Nacionalista ten defendido colectivamente o voto afirmativo, as demais organizacións do BNG inclínanse polo NON e os non adscritos non teñen posición unitaria pero aplauden os éxitos do SI nas diferentes asembleas comarcais. Paréceme que o debate sobre a Constitución europea é máis que nada un pretexto para definir unha nova relación de forzas co principal obxectivo de colocarse mellor nas gloriosas listas que se van ofrecen á sociedade galega. Hai unha confusa mestura de oportunismo político e convicción europeístas nos argumentadores do SI e un abuso de tácticismo e clixes ideolóxicos nos adalides do NON. Nogueira que hai un mes atopaba razóns para votar SI (criticamente), NON ou absterse, agora ten claro o voto negativo; e os Non-Adscritos finalmente abrazarán unha posición que non sexa o NON para diferenciarse e non perder o seu quiñón de influencia na torta do descontento que medra no BNG. Como sexa, segundo o balanzo que fai Europa Press, o NON impúxose ao SI nas asembleas comarcais por un 60% fronte a un 40%. 60/40 máis ou menos a porcentaxe de razóns que teño para votar NON e votar SI.

9 comentários:

Cesare disse...

Deducións:
1. Ti es o BNG mesmamente. Se así fora...
2. Espero que non vexas no meu SI intereses persoais de medre na organización...
3. Son o primeiro en comentar. Faime moita ilu.

ro disse...

deduccións II:

- como siga así, non dará entrado nunca no PLG. e non sabe o q perde. [por certo, buscamos un candidato para vigo. coñece algún q pase de 90 de c.i., non beba demasiado alcol e non teña contas en suíza?]

- alucíname a súa lealdade a unhas cores (ás do celta, quero dicir)

Ian disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Ian disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Ian disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Ian disse...

Cesare non se preocupe, sei que o do seu SI é consecuencia directa e proporcionada ao seu optimismo histórico. Aínda que xa que estamos, comprobo con infinita tristeza que (di que) se lle esgotaron as balas. Se precisa, eu vou con vosté até algúns polvoríns abandonados e un zulos montañeses esquecidos para apañar máis munición. Non debería abandonar... non adoita facelo e ben sabe que é unha das cousas que máis nos gostan de vostede. Tomo nota do seu anuncio de despegue, pero hei de lembralle que nesa viaxe vai ter que levarnos a algúns de polisón... Encargue maletas grandes, please.

Cesare disse...

Ro, di vostede prás municipais?
A min ocórreseme un, pero non sei se querería entrar no PLG... Traballou no concello no anterior equipo, ;), pero na sombra, como bo liberal.

Porque prá circunscrición provincial iría vostede, non?

ro disse...

o gran problema do PLG é q somos mellores na sombra (e non o digo polo físico, q aí imos sobrados ;).

[falando de físicos, creo q a partir de 2005 teremos os líderes + ben plantados de europa: tres mozotes de + de 1,80: nuñez feijoo, touriño e o noso quinsiño. q non se digha q a rasa non millora]

Ian disse...

Dou por feito que o home na sombra no goberno vigués a quen se refire é Dosio Á. Acredito na súa valía. Agora anda en aventuras empresariais que enriquecen unha chea calquera curriculo liberal que se precie. Tamén é alto como feixoo, touri e quin. Se o fichan xa vexo o lema de campaña do PLG: «Damos a talla». E eu estando onde estou polo meu apego ás cores do Celta, sniff.