
Estamos
de paso e sen folla de ruta. Xogamos ao ensaio e ao erro. Non pretendemos quedarnos. «Ninguén chega tan lonxe como cando non sabe onde vai» deixou dito don
Oliverio Cromwell. Abofé que el foi ben lonxe, mesmo chegou a executar a un rei, a un auténtico rei inglés. Unha revolución que se (auto)estime non pode aspirar a menos. Nós contentámonos con menos, válenos ben estar tan só de paso. A nosa é unha camiñada anónima e sen grandes aspiracións. Facer calquera cousa modesta (como cortarlle a cabeza a un rei inglés) e despois desaparecer.
Sem comentários:
Enviar um comentário