![](http://www.educared.org.ar/tamtam/jmages/manzana.jpg)
Nunha tregua da invernía leo ao sol
«Unha carga de merda», un dos ensaios que
John Berger recompilou en
Cada vez que dicimos adeus. Un texto esclarecedor que debe lerse a seguir do magnífico post «A bosta: protagonista silenciosa da nosa historia e devir» que Correlo escribiu en
Naraío nazón. Berger recolle un conto que o seu fillo Yves escoitou na escola: Unha fermosa mazá despréndese da árbore e vai caer perto dunha bosta de vaca. Na súa humildade, a bosta saúda ao fermosísimo froito. «Bo día, señora Mazá». A soberbia impón o distante silencio. A bosta tenta, con todo, callar conversa: «Aquí a herba é moi doce». Reiterado e despreciante silencio. Nese momento un home cruza a horta, olla para a mazá e cóllea. Traba nela e a bosta, que non se pode conter, di: «Vémonos axiña, señora Mazá.» Xa se sabe, a mazá é símbolo de poder e sabedorías prohibidas, e a merda é só simbolo de si mesma.
2 comentários:
ti tamén, ás voltas con john berger. está ben ir descubrindo fiestras abertas que airean os adentros.
Si é un vello amigo a quen gosto visitar. Como o ar fresco mántenme esperto.
Enviar um comentário