26/03/2006
Sen rastro
Sei polo papel de don Santiago que ANF está doído porque o goberno do PsdeG e o BNG queren trasladarlle á cidadanía que o PPdeG «non quere a reforma estatutaria». O duro Alberto anunciou, perante os micrófonos de Radio 5, que fracasarían na súa estratexia. A derrota da operación mediática do bipartito é ben doada: basta con que o PPdeG presente as bases do seu proxecto de reforma. Algo di que teremos que seguir agardando pola tan desexada proposta, pero iso non é agora o importante. Quedan algunhas declaracións engaiolantes: AFN quere un Estatuto «poida gobernar o centro, o socialismo ou o nacionalismo». Da dereita nin rastro. Un novo caso para Jack Malone e tropa. Así, grazas á virtual instalación do PPdeG no «centro», temos o único parlamento democrático do mundo no que non se senta a dereita —sexa a nova ou a vella—, e iso é grande e inédito mérito. A nova cartografía política sería ilusionante se non fose porque realmente non só temos entre nós a dereita máis conservadora, senón tamén unha das esquerdas máis conservadoras e a un nacionalismo bastante hipnotizado co seu novo estatus gobernamental que ameaza con conservadurizarse. Con todo, AFN acepta felizmente a tese de Manuel Rivas segundo a cal Galiza é o conservador país onde case non existen os conservadores, e isto si que é un gran progreso. Despois de semellante salto adiante, ben podemos agardar un par de meses para saber que reforma estatutaria (non) queren os centristas do PPdeG.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Moi boas, señor don.
8-0
Como sempre déixasme abraiado... o link da 'Nouvelle Droite' é... é... non sei como calificalo... o que hai aí para ler!!!!!
Ni izquierda ni derecha... sobrepásame...
Entrevista con Jesucristo... Sánchez Dragó é tan odioso como xenial... !!!!!
E seguiremos lendo (iso si, pouco a pouco)
Saúdos. Saúdeme tamén a ese ghaiteiro que ten vostede na casa.
:-)
O ghaiteiro será saudado. Unha alegría saber querido Miriño que vostede pasa de cando en vez por estas letras. Un aperta virtual, te poder darlle en vivo e en directo.
Non é que o lea de cando en vez... léoo continuamente. Creo que é o blog que máis visito... despois do de lolo (claro, jeje)... pero está visto que el non está pola labor...
Gustaríame enormemente quedar con vostede e co ghaiteiro. E gustaríame falar da cousa esa da nova dereita... que en principio pensei que era un partido político pero non o é... e di cousas tan interesantes...
Beijinhos.
Enviar um comentário