13/06/2006

X

Taxomomía dos gañadores: un moi coñecido, un coñecido, un descoñecido, segundo me resumen na popa do catamarán rumbo á illa reunión. Completa recepción das distintas vagas literarias e xeracionais: clásicos modernos, derradeiros gutembergianos, bravús, postbravús, xeración knows, redeiros da xeración agromante... Impracticábeis clasificacións para unha literatura de fronteira aínda moi aberta a pesar dos impermeábeis check-point-charly. Presenza aminorada da clase política emerxente, pero tamén da flotante e da mergullada. Repetida e agradecida reelección da illa da memoria e das letras como estación de paso. Gustei dos tags do mantedor literario, confeso que por proximidade xeracional e porque algúns seguen a ter unha poderosísima carga evocadora. Agora toca agardar pola edición dos libros, a súa lectura e xuízo. Parabéns para aos que gañaron e beizóns aos que trezaron a festa dos premios X aínda que haxa vintetrés anos non tivesen seis. Agradécese moito o humor descrido dos gañadores e o retorno manso no catamarán.

2 comentários:

Ian disse...

Dos tres gañadores escollin o reloxo do escritor que é o meu favorito. Que non se lle pare o reloxo nin a imaxinación e fortuna literaria. Parabéns doutra volta.

Marcos Valcárcel López disse...

Se tes un momentiño de vagar, convidámoste a visitar e máis a participar nunha bitácora que quere traballar por defender o galego en positivo:
www.blogoteca.com/falamosgalego/
Un saúdo cordial. S