
Inicieime na lectura da prosa civil de don Ramón por esixencias académicas e continuei, por interese e amizade, a frecuentar os seus escritos historiográficos e culturais. Os seus posteos radiofónicos, non obstante, escaparon a miña devoción por causa dun horario laboral incompatíbel coa escoita do Diario cultural. Había que elixir entre xantar con tempo ou escoitar o magnífico programa de Ana Romaní e amigos. Só ocasionalmente, grazas ao convite doméstico de Cesare, era compatíbel prato e radio. A estatística non xogaba a favor e poucos foron os comentarios de Villares que puiden escoitar ao vivo mentres gozaba da hospitalidade da casa de Poza de Bar.
Na actualidade tería menores dificultades para seguir o labor radiofónico de Villares (de continuar) grazas á edición dixital da Radio Galega. Agardo así a novidade editorial para resarcirme e poder ler a don Ramón e tamén poder escoitalo como feliz consecuencia da bulideira iniciativa de Amancio Liñares e demais patróns de 3C3. Reciban parabéns dun futuro lector agradecido.
2 comentários:
Insinúa que o convidaba poucas veces??
:) é verdade. Demasiadas poucas veces. Pero aínda o convido agora. Veña, corra, veña.
Afirmo que non eran moitas (iso si, sempre gratas), pero eran menos nas que me coincidía a emisión radiofónica de Villares. :)
Irei tomar con vostede un cocido escocés ou o equivalente ao cocido galego... Se dou zafado da enxurrada laboral.
Enviar um comentário