Desaloxada a resistencia, a Ungdomshuset [Casa da Mocidade], no barrio de Noerrebro, foi finalmente derrubada. En 1982 o concello cedera o vello edificio para crear un centro social autoxestionado que se tornou nunha referencia fundamental da cultura alternativa danesa. Agora no seu predio erguerase unha igrexa da seita cristiá Casa do Pai. Ruth Evensen, voceira dos fundamentalistas, cualificou a Ungdomshuset como «a maior bomba incendiaria e o sitio máis perigoso para a saúde de Copenhague». Era moito máis.
O edificio construirase en 1897 como Folket Hus [Casa do Pobo] e foi un centro do movemento obreiro e socialista danés até os anos sesenta do pasado século. Nese palacete de rudos tixolos, o 29 de agosto de 1910, durante a Segunda Conferencia das Mulleres da Internacional Socialista, Clara Zetkin e Rosa Luxemburgo proclamaron o Día Internacional da Muller Traballadora. Un curruncho memorioso da vontade de emancipación agora reducido a unha especulativa morea de entullos. Unha mágoa.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Permítame que lle mude de tema de conversa mais non sei que opina do lío montado pola (posible) expulsión de P.G-V.
Despois do oído hai dous sábados de boca de quen o oímos digo eu senón é outro dos sapos que hai que tragar para cementar a alianza (táctica-estratéxica??) que agora manda na casa.
Non sei se é máis preocupante esta hipótese ou a de que en realidade os que disque teñen que liderar a batalla das ideas (Q. dixit)se cren os argumentos.
Enviar um comentário