17/07/2007

Profecías

A profética previsión de José Saramago respecto da futura absorción de Portugal polo Reino de España é a causa dunha feliz barafunda en El País e, ao tempo, dun pequeno e previsíbel terremoto patriótico no Estado veciño. A reedición no século XXI da filipina anexión de Portugal por España é máis un produto da fábrica imaxinativa de Saramago que un proxecto dunha Realpolitik.

Para o autor do Ensaio sobre a cegueira, Portugal sería unha autonomía dentro de España, bautizada agora como Iberia. «Não iríamos ser governados por espanhóis, haveria representantes dos partidos de ambos os países, que teriam representação num parlamento único com todas as forças políticas da Ibéria, e tal como em Espanha, onde cada autonomia tem o seu parlamento próprio, nós também o teríamos» sentenza Saramago para quen «seríamos aqui aquilo que os catalães querem ser e estão a ser na Catalunha.»

Retrúcalle o xornalista do Diário de Noticias apuntando que «algumas das províncias espanholas também querem ser independentes» e zanxa o Nobel asegurando que «a única independência real que se pede é a do País Basco e mesmo assim ninguém acredita.» O escritor portugués ten unha fe ilimitada nas capacidades de España.

A España-que-se-rompe por mor da atroz política de concesións do goberno Zapatero aos nacionalistas preséntase aos ollos do escritor portugués como un espazo político e económico dotado dunha irresistíbel capacidade de atracción. O estudo do castelán e a penetración das empresas españolas son argumentadas como indicadores da inevitábel «incorporación» de Portugal á órbitra de España. A forza do campo gravitatorio do novo Estado filipino español é ridículo se se compara coa que exerce en Lisboa e Madrid a República Imperial dos Estados Unidos de América, pero aquí a veciñanza territorial semella ser o factor desequilibrante da quimeira proanexionista.

Aínda que o correspondente de El País a reinterpreta como lle peta, A jangada de pedra narra menos o proceso de integración que o proceso de segregación dos dous Estados peninsulares respecto do espazo político que lle sería propio na Unión Europea. O romance ten a vocación de exorcismo literario fronte aos perturabadores males do isolacionismo da República portuguesa e do Reino de España respecto á daquela refulxente Comunidade Económica Europea.

É bastante improbábel que Portugal poida ser taxonomizado con un Estado fallido e que o seu destino histórico sexa ser papado por un Estado que xestiona penosamente a súa bagaxe plurinacional. De disolverse o Estado portugués nalgún espazo político faríao no seo da Unión Europea e non en España. Nin Aznar, nos seus máis delirantes soños como Oitava Potencia Mundial, chegou tan lonxe.

José Saramago é un grandísimo escritor e hai sobradas razóns para que fose acollido cos brazos abertos na nosa República das Letras. Ben asimilado pola nomenklatura cultural do Reino de España, é posíbel que considere que o novo Estado de Iberia había ser un agarimoso anfitrión da vella Lusitania. O vello Marx non se cansaba de repetir que a existencia determina a conciencia e non lle faltaba razón. Con todo, é máis doado que un escritor portugués entre polo ollo de agulla do Cervantes que Portugal sexa recibido en condicións de igualdade nun Estado forxado sobre o desequilibrio económico dos seus territorios, a asimetría política e unha uniformización cultural sobradamente pailoca.

10 comentários:

o paneleiro fálico disse...

Amen!!!

O engraçado, porém, foi ler quer a entusiasta notícia fornecida por EL PAIS quanto os comentários dos leitores dum jornal tam declaradamente progressista.

Poupo-vos os meus desagradáveis comentários sobre Sara Mago.

o paneleiro fálico disse...

Nom figem mais que abandonar esta página e encontro-me isto em El País:

http://www.elpais.com/articulo/revista/agosto/Brasil/entra/orbita/espanol/elpepucul/20070718elpepirdv_3/Tes

A todos estes marcou-nos o de ir "por rutas imperiales, caminando hacia Dios".

miriño disse...

Esta idea non é máis que a idea coa que remata Castelao o Sempre en Galiza:

A confederación de (H)España e Portugal unha vez que España estivera federada.

Aínda que creo que non está o forno para estes bolos. Nin os españois (por crerse superiores) nin os portugueses (que citan á súa independencia de españa en canto hai un descoido) estarían por esta labor en condicións de igualdade.

Ian disse...

Miriño non é exactamente a idea de Castelao. Non é unha confederación ao que se refire o bo de Saramago. Na entrevista fálase de Portugal como unha Comunidade Autónoma máis do Reino de España, comunidade cando non se lle designa simplemente como provincia... É pura e simple absorción...

Fernando Magalhães disse...

Saramago pensa que tudo se resume à economia. Podia casar com uma chinesa e vendia 2 biliões de livros, o que vale é que está velho e é comunista. Que fale por ele.
Não abdico, nem renunciarei à minha identidade cultural por dois tostões, como esse traidor, que se esqueceu que se tem um prémio nobel, o deve à lingua e cultura portuguesa...
Se querem mais etarras, ou portugarras, cumpram a palavra de Saramago....
Cumprimentos

Nygard disse...

Saramago é un grande escritor.

A boutade de Saramago é absurda e ao mesmo tempo insensata por unha razón fundamental: porque obvia á Unión Europea como espazo de integrazón.

miriño disse...

Todo entra no mundo das ideas... porque non fala dunha provincia máis do Reino de España, fai a comparación de Cataluña pero nun estado diferente chamado Iberia. Mais supoño que só el sabe de que fala.

Está a blogosfera máis interesante dende que uns cuantos decidiron volver escribir. :)

fm disse...

Nem sei para quê tanta coisa. O Saramago está velho, qualquer dia morre e desaparece como as cinzas. Ele já nem sequer é português...é um velho ressabiado que ja devia ter mudado de nacionalidade à muito tempo....Se ele pode dizer o que quero, eu também posso...
Retirem-lhe a nacionalidade, afinal, ele vive em Espanha feliz e contente, vai doar a sua biblioteca à universidade de Granada. Por isso Sr. Saramago mude de nacionalidade e deixe-nos em paz...

Ian disse...

Vostede sempe tan ben intencionado... Quizais haxa unha miga de crueldade en someter a tan rigorosa análise política unha opinión que máis que profecía ou proposta de futuro semella ser un estado de ánimo (prenupcial) de José Saramago. Canto á condea ao ostracismo coa que se amenaza ao escritor, que quere que lle diga: Saramago non se entende sen a cultura portuguesa, nin a literatura portuguesa é comprensíbel sen José Saramago, entregue a quen entregue a súa biblioteca ou a súa alma.

Reformas Madrid disse...

empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid
empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid