18/02/2009
Guerra psicolóxica e sondaxes
Debería poñerse un equipo de sisudos científicos a investigar os efectos betabloqueantes que provocan as sondaxes electorais na cidadanía. Cada nova entrega de inquéritos amenaza con producir un efecto paralizante no espectro angustiado de moitos votantes progresistas/nacionalistas. De nada vale recordarlles que a única sondaxe válida é a das papeletas do 1-M e pouco gañamos decíndolles que está nas súas mans cambiar o curso da historia; é dicir, cambiar o resultado das sondaxes publicadas. O efecto rotundo da encuesta electoral é sempre alimentar os máis arraigados temores. A cadea sondaxe-disuasión-medo-paralise funciona cunha precisión abraiante.
Camiñamos cara ao ecuador dunha campaña electoral fría, glacial, e cada vez é máis evidente que a estratexia principal do Partido Popular é abonar o desánimo e reemprazar a súa falta de sedución por unha contundente campaña de disuasión da participación. O filósofo polaco Leszek Kolakowski contaba unha fábula que evidencia a estratexia da fronte conservadora que reúne ao Partido Popular e as súas voces auxiliares. Dous nenos están no parque botando unha carreira; o que vai atrás berra unha e outra vez: Vou gañando!, Vou gañando! até que o neno que leva a dianteira abandona a carreira e vai chorar en brazos de súa nai, dicindo: «Non podo con el, sempre me gaña».
Unha vez máis hai que reiterar que está nas nosas mans poñerlle outro final a esta historia, aínda que pouco gañemos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário