Des que estreamos Estatuto, o noso autogoberno colocouse á sombra dunha bandeira invertida, fomos o territorio de gobernos abaixados, de entregada conduta ante o Estado. Dígase que faltou autoestima e proxecto de país ou que simplemente houbo desconfianza nas capacidades propias, pero durante a maior parte da era Fraga emitiuse o mesmo sinal: goberno amigo ou curmá de Zumosol veña salvarnos o cu, temos problemas e non somos quen de valernos sós. Desde 2005 ímola virando, uns días con máis fortuna que outros. Agora máis que un país á espera de axuda somos un país en construción, con moito que facer e bastantes cousas que mellorar. Tamén podemos dicir con Fran Alonso que somos un país a medio facer. O 1-M saberemos canto suman os que pensan que basta con recargar Galiza e canto os que cren, con diferente acento, que hai que pensar este curruncho en clave de país e meterse con ganas ás reformas e obras maiores (e menores) que precisamos.
1 comentário:
Fiámonos das enquisas de Xornal ou non señor Ian?
Enviar um comentário