17/12/2004

A estupidez antagonista


Nas súas clases de prehistoria e antropoloxía don Carlos Alonso del Real deixaba caer máximas de indiscutíbel validez universal. Unha das máis socorridas era que «non hai nada máis parecido a un tonto de esquerdas que un tonto de dereitas». Dadas as súas orixes intelectuais el sabía ben do que falaba. Leonardo Sciascia concluíu o mesmo respecto dos cretinos. Contundente xuízo. O anónimo-acrónimo X.M.G. ten en Cristina Amenedo unha alma xemelga, imprescindíbel, complementaria. A prolífica escritora escribe en El Correo Gallego un breve comentario(?), que ben podería ser incluído na Enciclopedia do Pensamento Reaccionario Universal, sobre Galeusca. Carga contra o PNV e Carod (en Galeusca?) e nun brote de mongolismo intelectual anota: «Galicia, un sordo resentimiento contra todo lo que huela a castellano que se margina y silencia idioma de Cervantes incluído. Así pues, los españoles sabrán juzgar lo que les ofrece esa Galeusca. Marañón califica ese nacionalismo "como una especie de seto punzante que aisla a los pueblos de la convivencia con todos los demás, un egoismo antisolidario y anticristiano"». Deixo foto do becho por se dan con ela pola rúa. Se a recoñecen, non deixen de aplaudirlle solidaria e cristiamente. Favores polos que se anticipan grazas.

Sem comentários: