Asunto: Proxecto de longo prazo
Autor: X.M.G.
Comentario: Si o que pretendedes desde ese
xornal.com é cambiar o BNG estades apañados, amigos. Algúns levamos xa moitos anos na loita para que uns señoritos nos descubran o mundo. Pensades que a
UPG existe por casualidade? O noso proxecto é de longo prazo. Non estades entendendo nada. De nada.

A mensaxe debeuna meter na botella alguén nos anos máis crus da Guerra Fría. Quizais por cousa do frío se lle conxelou o cerebro. Existen, son unha chumbiza realidade que transita sempre polos mesmos carreiros: a tradición lexitimadora («Algúns levamos xa moitos anos na loita»), o carácter inmutábel do (seu) mundo («Se o que pretendedes [...] é cambiar o BNG estades apañados»), o rol providencial do Partido («Pensades que a UPG existe por casualidade?»), e un mesianismo miope que o fía todo ao
«longo prazo». É difícil sintetizar en tan poucas palabras a esencia da cepa máis reaccionaria do nacionalismo galego, non falta nin o arrebato ofendido da clase auténtica contra «os señoritos». Hai outro BNG pero non está nesas lúcidas cabezas.
2 comentários:
Demos, Ian...
Mire que os ollos de Pionian están por todas partes... :)
moi xeitoso, si.
No fear. No problem. Levo na listaxe negra desde hai tempo. A cousa tampouco é contra a U, é contra os que usan o seu nome en van. Sosteño perante do xuíz ausente.
Enviar um comentário