
Traballo desde hai días como albanel na construción dunha
nova muralla chinesa. Unha muralla de trazado variábel e caprichoso que vai e volve de acordo cos desexos de moi diversos
mandaríns. Medra cun ritmo pousón, eslaiado e desesperante, desganadamente vaise acomodando a unha serpeante liña imaxinaria. Non teño claro que serva de defensa fronte a novos ou vellos bárbaros. Estirase como a nosa cadea, pesadamente, e consome horas do día e da noite. É voraz e pápanos as felicidades da xornada. Pantanosa, engúlenos na súa teimosía. Cada novo ladrillo no muro cústanos unha alma e é un aguilloante convite á
deserción. Con todo, a
cuadrilla segue enfiando cachotería e tixolos, e eu con ela. Atesouramos a esperanza de que axiña chegará un
xigantesco exército operario para darnos o relevo e liberarnos a vida. Mentres, alguén sabe onde atopar o
convenio da construción?
1 comentário:
Que post máis xenial!!
Enviar um comentário