18/12/2004

Ficcions literarias


Malia miña experiencia laboral previa, o truculento mundo da promoción editorial segue parecéndome tan apaixonante como abraiante. Hoxe descubro na sección literaria dun exemplar atrasado de El Mundo que o libro de ficción máis vendido é El Quijote e que a obra de non ficción que se máis compra é 11M: La venganza de Casimiro García-Abadillo. Que El Quijote estea aí é unha esixencia do guión coa ollada posta nos 400 anos da súa primeira edición, pero cualificar a obra García-Abadillo como de non-ficción é unha esaxeración da mercadotecnia que non ten medida (O autor defende que o atentado do 11-M é consecuencia dunha vinganza tramada por Marrocos por cousa da firmeza mostrada polo goberno de J.M. Aznar en asuntos xeopolíticos tan relevantes como Perejil ou a loita contra a inmigración ilegal que incomodaron ao rei aluíta, quen deixaría barra libre aos islamitas que argallarían a matanza de Atocha). A posición de García-Abadillo no top de ventas seméllame aínda máis de ficción aínda cando reparo en que é vicedirector de El Mundo. Con todo, o mazazo definitivo prodúcese cando confirmo na COPE que os libros máis vendidos son El Quijote e, alehop!, 11M: La venganza do amigo Casimiro. Tras isto dou en crer que El Quijote non debe levar vendido nin o primeiro exemplar.

1 comentário:

Cesare disse...

Pois se iso é o que venden, bote contas do que se len.
en que posición estará caneiro?