
Hai ocasións en que o mellor que podes facer é seguir as indicacións do teu maior adversario; se tanto lle amola a don Manuel, a influencia do BNG nos sectores politicamente mornos e no galeguismo, quizais haxa que aproveitar a ocasión e refundar a fronte nacionalista como un novo Partido Galeguista, como o de Castelao, Bóveda e Vitor Casas, non como o de Manuel Soto Ferreiro. Por amolar, pero tamén como consecuencia dun necesario aggiornamento estratéxico. Para que nos nos extinga a voracidade de don Manuel ou nos abafe de vez a infeliz lóxica do bipartidismo. Xa o cuspiu o león de Vilalba nesa mesma cea: «Galicia non é nin mellor nin peor, é diferente, e quen procura unha oportunidade a ten.» A ver se aproveitamos a nosa.
3 comentários:
Máis decidido que drástico, estimado O Fuco.
Aí lle deches
Non, non é ironía, creo que con moita frecuencia cometemos o erro de cederlle a outros patrimonios ideolóxicos que son nosos, o galeguismo e a democracia son dous dos que máis facilmente nos desfacemos, iso e renunciar a instalarse consecuentemente na esquerda das liberdades. Creo sinceramente que temos que sachar por aí.
Enviar um comentário