13/02/2005

Anunciando o modelo Berlusconi

O Director non ten goberno que lle obedeza, nin partido que atenda inequivocamente a súa Voz. O pobo, en cambio, ten un Director que lle escribe e por iso estamos felices. No artigo dominical de hoxe entrégase á mesma retórica pretenciosa que xa empregou na proclama outoniza e, como non podía ser doutro xeito, cítase a si mesmo.
O horizonte político de Santiago Rey Fernández-Latorre non é outro que o bipartidismo constitucional e o campo do posíbel coutano o Partido Popular e o PSOE. Como non hai máis alternativas políticas que estas, o Presidente e editor do xornal da cidade do Faro vese condenado á impotencia. E, sempre que o PP e o PSOE non están á altura das circunstancias, La Voz de Galicia asume a súa condición de «empresa-partido» e traza o programa do que é urxente, necesario e deber de salvación. Cando PP e PSOE fracasan, a alternativa non é o BNG, é La Voz de Galicia así o establece o Libro de estilo político de Bieito Rubido e compañía.
Don Santiago proclama: «En este paisaje cabría esperar una movilización política y social sin precedentes. Pero no. La inminencia de unos comicios tampoco ayuda. "Lo decisivo para el futuro de Galicia -escribí en octubre- no es si la Xunta cambiará de manos o continuará en las actuales. Lo imprescindible es afrontar decididamente los retos que plantea el siglo XXI y empezar por fin a ponernos al día". Seguimos igual, en un sinfín de declaraciones partidistas, sin liderazgo y sin plan». A alternacia política non soluciona o problema porque só se producirá con participación do BNG. E un cambio co BNG é un cambio que non interesa ao complexo empresarial La Voz-CaixaGalicia como se evidenciou en Vigo e se evidencia agora agriamente en Pontevedra.
O demiurgo mediático anota: «Es la hora de decir la verdad una vez más: parecemos un país sin proyecto –ni siquiera tenemos el que nos prometieron–, dividido en facciones políticas que sólo buscan su medro electoral o mantener el poder, que se pierden en acusaciones mutuas y son incapaces de llegar a un acuerdo sobre aquello que a todos los ciudadanos interesa: nuestro futuro.»
E a traca final para esixir un gran pacto político entre a nosa (a súa?) «clase política» e, se non son quen de armar a Gran Coalición, «haberá que buscar solucións fóra dos ambientes políticos» cunha anovadora alternativa sustentada pola «nova xeración de dirixentes e emprendedores», «no aire libre e aberto da sociedade que realmente fai e sufre Galiza».
Cal é esa solución fóra dos ambientes políticos? Un cuarto partido que obedeza ao cuarto poder. Cuiña, Baltar, Vázquez se quere, X.L. Barreiro e todos aqueles galeguistas culturalistas que estean dispostos a entregarse intelectualmente ao proxecto ilusionante dunha Galiza gobernada por don Santiago, o novo e fascinante berlusconi do Noroeste.

3 comentários:

Cesare disse...

Vostede tamén, fillo?
Que lles fixo o coitado de xosecarlos a toda a súa xeración?

Ian disse...

Non é a persoa, é o personaxe... símbolo certo dunha brillante intelixencia posta ao servizo da submisión e da adulación dos poderosos.

Ian disse...

ro, a cousa é que vostede me ve con bos ollos, para que vexa o chatábel que son, aí enriba ten un post tribulado non-constitucionalista