
Acordei o 20-X cunha cara provisoria coa que ir tirando durante a
semana da espera. Coma palestino iluso fun maltratado por unhas
israelitas que me fixeron albiscar un mundo que o escrutinio cruel devolveu a unha proporción moito máis miúda. Días de
análise e espera. De
wait and see. Coidando das ilusións, despedindo a
primavera da esperanza, saudando ao noso
verán das liberdades. Especulacións, indicios de vitoria, tramas imaxinarias e reais... e xa estamos a venres co
abaco electoral preparado para verificar se o luns «gañamos nós». Pero antes do escrutinio final haberá que botar dúas mans na
cadea cívica. Tempo de paradoxos: agora son as cadeas ás que nos aseguran a liberdade.
Sem comentários:
Enviar um comentário