29/06/2005

GZ (Nación Marciana)

Ibarra é desas persoas que todos desexamos ter perto cando hai problemas. Simplifica tanto as alternativas que resulta doadísimo aclararse e logo elixir entre o bo e o mellor. Problema: Ser ou non ser, Galiza é unha nación? Simplificación do enunciado: «Todo é un problema de adolescencia, a todos os nenos de 14 e 15 años pásalles iso; din por que me puxestes ese nome e non Johnatan. Cando son maiores aceptan o nome, cando se fan adultos». Resultado: Johnatan é unha nación? Problema: Que ocorre se hai unha decisión democrática e maioritaria dos poderes galegos definindo Galiza como nación? Reducimos o problema: O Parlamento de Galicia pode aprobar o que queira e dicir que son «nación, nacionalidade, estado, país ou o que sexa, ou marcianos, o problema é que é lexítimo pero mentira». Resultado Podemos ser o que queiramos por que todo é mentira. Só hai unha verdade: España. [Coda ibarriana: «Abúrrome de falar se son nación ou marcianos»]. A clarividencia de Ibarra axudaralle a Touriño e a Quintana a tomar complicadas decisións futuras. Galiza é unha nación? «Galiza é unha nación... marciana».

1 comentário:

opaco disse...

E nós? Sabemos o que queremos? A porcentaxe de voto nas eleccións non din cousa clara. Quizais cando teñamos unha opción nacionalista de dereitas... veremos. Ybarra? non é mal aceite