
Lendo un artigo esquecido de Joaquín Estafanía dou con esta longa cita do
Discurso das catro liberdades que, en xaneiro de 1941, pronunciou o presidente estadounidense
Franklin Delano Roosevelt: «Non hai nada misterioso respecto dos alicerces dunha democracia saudábel e forte. As cousas básicas agardadas polo noso pobo dos seus sistemas políticos e económicos son sinxelas: a igualdade de oportunidades para os mozos e demais, un emprego para os que poidan traballar, a seguridade para quen a precisa, a preservación das liberdades civís para todos e a participación nos froitos do progreso científico, nun estándar de vida constantemente crecente e amplamente compartido. Estas son as cousas sinxelas que nunca deberían perderse de vista na turbamulta e complexidade incríbel do noso mundo moderno. A forza interior e duradeira dos nosos sistemas económico e político depende do grao en que se cumpran estas expectativas». Se votamos atendendo ás cousas sinxelas, a partir do día 19 de xuño estarán de volta
os días felices que nos anunciou esperanzadamente
Martin.
2 comentários:
Días estraños estes nos que as ideas mais elementais acaban sendo tamén as mais poderosamente revolucionarias.
Leva razón Martin. A esperanza nestes días estraños faise de ilusións elementais e poderosas evidencias. Desexemonos sorte que ben a merecemos.
Enviar um comentário