
Leo
O rato, a mosca e o home de
François Jacob, premio Nobel de Medicina en 1965. Entre outras moitas reflexións brillantes, inclúe unha moi actual que ten coma cerna a
Dédalo, o inventor, arquitecto, ferreiro e enxeñeiro ateniense. Anota Jacob que «Dédalo é un técnico marabilloso, pero nunca foi outra cousa que un técnico que pon o seu saber ao servizo dos seus amos [...] Dédalo simboliza un mal da nosa época: o técnico de altos voos que pon o seu talento ao servizo de distintas ideoloxías, sen preocuparse polo seu contido e a súa cualidade.» A derrota do Partido Popular forza o escrutunio sobre os moitos técnicos que estiveron ao servizo do seu poder. A contabilidade de posíbeis
cesantes suma xa
2.000 afectados, a maioría deles estritos cargos de confianza política. Co cambio chega tamén a hora do acomodacionismo político, moitos tentarán convencer ao novos gobernantes que eles foron (e son) simples técnicos, honrados e utilísimos dédalos. Entregados tecnócratas que nunca se meteron en política. Un dos primeiros indicadores da calidade democrática do novo goberno medirá a permanencia dos
técnicos do pasado. Non hai que engañarse neste punto, non é revanchismo, é a medida da rexeneración dunha administración que foi o principal coto do
clientelismo do
Partido Único nos últimos dezaseis anos.
Sem comentários:
Enviar um comentário