
Confirmouse o
resultado do 19-X. Logrouse o agromo serodio da primavera galega. Hoxe tocan moitas celebracións do día e anteriores: a vitoria da Alternativa, o 69 aniversario da aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galiza, o orgullo gai, as primeiras chuvias do verán... Entre tanto
apagón informativo había luz. Escribiuno Walter Lippman: «Non pode haber liberdade nunha comunidade que carece da información necesaria para detectar a mentira.» Houbo información, moita, boa e libre, por iso, hoxe é tamén día de moita fachenda polo traballo dos
compas.
1 comentário:
Eu estiven onte seguindo a noite a través de Internet (non había outro xeito...) é Vieiros daba a información máis actualizada, moito antes que a Voz, que tamén ía actualizando sobre a marcha.
Parabéns especiais para Vieiros :)
Enviar um comentário