26/07/2005

Tsunami

Unha xigantesca onda de traballos, incidentes e imprevistos sulagouno todo. Un becho roe na familia, aborta as vacacións e tráenos angustias e medos. Na factoría atorase a produción, disparanse as luces de alarma e algúns buscan urxentemente a escaleira de incendios. Na cousa pública houbo negociación palilleira para a formación de goberno e apagón informativo sobre todo o demais. Seguimos agardando o rol dos chamados a embarcarse na singradura gobernamental. Nalgún foro alguén colga a súa particular orde de embarque: Suárez Canal será conselleiro de medio rural; Anxela Bugallo mandará en Cultura; Tano Mato, o vicerreitor vigués, gobernaría Industria; Encarna Otero dedicaríase a Vivenda; e Branca Rodríguez, a ex-concelleira lucense, pasaría a ocuparse do Benestar Social. Pero tamén soan outros moitos nomes. O único certo é que ninguén sabe o que está anotado na caderniño azul de Quin. Abundan as especulacións e, perante o impenetrábel silencio e tanto (vice)presidencialismo decisorio, multiplícanse as desconfianzas. Toca agardar.

4 comentários:

Nygard disse...

Dos conselleirábeis que vexo só dubido do titular de industria. É o único sen perfil político co que non cadran as contas(e tampouco ten un perfil técnico "industrial" claro, aínda que veña da cidade do sul).

Por moitas razóns penso que a persoa elexida será outra... Suso Veiga, probábelmente. El pode formar, ademáis, un bo equipo.

Pero en fin, Quintana dispoñerá, esperemos...

Ian disse...

A Consellaría ten un importante compoñente de I+D e Mato coñece ben ese mundo... de calquera maneira, se levas razón e Veiga é conselleiro tampouco se terá equivocado Quintana.

Nygard disse...

Esta é a quiniela de galiciadiario.com, que non acertan unha dende fai séculos. Dende que perderon o poder, máis ou menos...

El BNG ya ha despejado tres de las cuatro incógnitas que afectaban a los titulares de las cuatro consellerías que van a estar bajo su jurisdicción en el próximo gobierno de Touriño. Suárez Canal va a ser conselleiro de Medio Rural. Ánxela Bugallo, en contra de lo comentado, va a ser la máxima responsable de Vivienda. Para Cultura se nombrará a García Negro mientras que la duda se mantiene en Industria, donde hay dos candidatos en liza: Xesús Veiga Buxán y Xabier Vence.

Se fose certo preocuparíame seriamente pois estaríase repetindo a historia de sempre...

Por certo, falábase de I+D+i no post anterior; Vence ten máis perfil que ninguén nesta área e na de industria en xeral. Persoalmente non escollería entre Veiga e Vence, colleríaos aos dous.

O de García Negro (Pilar) supoño é unha barbaridade. Sen máis.

Ian disse...

Concordo coa valoración do bo ollo de galiciadiario. O de Pilar sería simplemente un despropósito. En Industria hai efectivamente moi boa xente para facer equipo aínda que politicamente gusto máis dalgúns (Veiga, Mato...) que de outros (Vence).