14/12/2005

Lázaro, letras, loito

Por Brétemas sei do pasamento de Lázaro Enríquez. Confío, e prego, en que na noite dos premios da edición honren o seu nome. Ninguén o merece máis cá el. A súa valía humana é máis grande que a nosa dor que hoxe é moita, moitísima, infinita. Pendurado da parede máis vistosa da casa está o galano caligráfico dos amigos cando abandonei a fabrica de libros: as feitucas letras de Lázaro reproducen palabras propias e a feliz palabra de todos: Liberdade. O seu trazo alegre, rebelde, teimoso e combativo vaime acompañar sempre, na vida e na memoria da súa grandeza como persoa e artista.

2 comentários:

Ian disse...

Moitas grazas a vostede. Confío en que os nosos encontros se multiplican. Unha aperta.

Indómita disse...

As verbas máis sentidas nos intres máis precisos...eres ti. Os que te rodeamos agracecémoschas e ás veces dubidamos por non saber como volverchas cando ti as solicitas... unha fonda aperta