02/10/2006

Moi recomendábeis

Carlos Fuentes reflexiona en «Espazo e tempo do Novo Mundo», un breve pero gorentoso ensaio, sobre o ADN literario de América Latina e avalía a importancia da triade renacentista que compuxeron Erasmo de Róterdam, Tomás Moro e Nicolás Maquiavelo. As súas obras capitais foron armadas nun mesmo tempo: O eloxio da loucura en 1509; Utopía en 1516; O Príncipe en 1513. Lecturas moi recomendábeis. Anota Fuentes os seus beneficiosos produtos e plusvalías intelectuais: «O realismo político e a enerxía de Maquiavelo; o soño dunha sociedade humana xusta; e o eloxio erasmiano da postura irónica que permite aos homes e mulleres sobrevivir ás súas loucuras ideolóxicas.» Estamos certos de que calquera tempo é bo para ler aos clásicos.

2 comentários:

A.C. disse...

Nunca te imaginaria recomendando a T. Moro. Seja como for, também os Ricordi de F. Guicciardini têm algumha jóia.

Ian disse...

Gusto da literatura utopista,aínda que son máis de Noticias de ningures de William Morris que de Tomás Moro, tampouco me anoxa... Obrigado pola referencia de Guicciardini, non coñezo, procurareino e comentarei as súas promesas dun outro mundo posíbel.