13/10/2006

Voces do silencio

O propietario da Corporación Voz terá unha rúa na cidade da Torre, o seu imparcial medio relaciona os moitos méritos que o fan acreedor da praca honorífica. La Voz ocupa en Galiza o espazo dos delirios opositores que noutras terras coloniza El Mundo. O paladín dos intereses de Galiza leva semanas activando o seu pressing sobre o Goberno bipartito, gastando en tinturas críticas e antigobernamentais. El ten claro que «o maior inimigo dos medios de comunicación é sempre o goberno da vez», aínda que todo isto o esqueceu transitoriamente durante o Aznarato e de modo fixo-discontinuo durante a Era Fraga. O seu independentismo mediático nada ten que ver coa próxima aparición de El País-Galicia, é simplemente unha consecuencia máis do seu desinteresado compromiso con esta terra. Iso e mais o seu medo a vender diariamente menos de 100.000 exemplares.

4 comentários:

A.C. disse...

O teu post leva-me a comentar um problema. Eu descolonicei-me de "El País" lendo La Vanguardia, mas tenho pendente a desintoxicaçom de "La Voz". Qual é o antidoto contra "La Voz"? (E nom, nom acho que El Correo Gallego seja a soluçom.)

Uz disse...

O antídoto perfeito é leres o «Novas da Galiza» (www.novasgz.com), «A Peneira» (www.apeneira.com) ou «A Nosa Terra» (www.anosaterra.com).

Por enquanto, são-che as únicas alternativas. Ou isto, ou já (e só) na rede o incomparável e incombustível www.vieiros.com

Ian disse...

Paneleiro eu tamén me vacino lendo La Vanguardia. O da Voz é máis problemático, pero tamén pasa por non concederlle máis credibilidade que a que non ten... De todas maneiras, moito sospeito que coa saída de El País Galicia e p Faro de Santiago han cambiar cousas no noso panorama mediatico e postos a ler, pois a prensa da Asociación de Medios en Galego (A peneira, Tempos, Vieiros, ANT, e mesmo Galicia-Hoxe do Correo...) combinada con Radio Galega e boas doses de lectura autocrítica... poden facer máis levadeiro o «mono» por non ler a Voz de Fernández-Latorre Rey. En fin, xa se deu conta que non lle ofrecín ningunha solución boa...Creo que hoxe non existe, e sospeito que nos vindeiros anos tampouco. Lamentabelmente.

Ian disse...

Esqueciame dicir, que non frecuento a lectura de Novas de Galiza que nos recomenda Uz, pero que comezarei a facelo... é preguiza e non só aparente distanciamento político-informativo. :)