Entre amolado e irónico, durante a súa estadía parisiense, escribe no seu Diario de 1921: «Teño a manía de non mercar un reló porque tódolos amigos téñeno pra me dicir a hora a min. Coma estou soio i eiquí todo se fai a horas fixas pensei en mercar un...» Unha metáfora do nacionalismo de onte. Medía o tempo con horas prestadas. Todo nel adquiría a dimensión dunha eternidade teleolóxica.
Alguén describiu Galiza como o país onde todo estaba por vir e nada chegaba. Aínda que «os tempos son chegados», apenas nada ten prazo. Non é estraño tampouco que nos sorprendamos pola actualidade de textos de denuncia do nacionalismo que suman case cen anos. As cousas da res publica tiñan unha medida discrecional que non era a medida do tempo. Co cambio político de 2005 os herdeiros de Castelao recibiron un reloxo. E con el a vertixe. Agora o PP esíxelle data a todo e mesmo o BNG reflexionou xa sobre a conveniencia do cambio de fuso horario. O mal non está aí, o problema é que o tempo corre afusquinadamente achegándonos sen remedio a 2008. O ano da reválida. De todas maneiras, para algúns semella que o tempo non se move.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
"Aspiramos a seguir desenvolvendo medios propios, agora que a nosa web ten máis de 1000 visitantes diarios"
"
Facemos traballos complementarios, sobre todo nestes momentos para preparar as municipais, e por iso é difícil trazar un límite claro. Pódese dicir que Comunicación ten responsabilidade na redacción das mensaxes, no que é o texto, mentres que Propaganda deseña a imaxe das campañas mediáticas."
meudeus, como está o patio.
cando vexo estas cousas médrame tanta confianza en vostede...
Agora toca que dentro da fronte arrimemos todos o ombro, anque, francamente, non lle vexo boa pinta. E o que é peor, non sei se nos o faríamos mellor.
Anímese Julicheiro! Se despois das turbulencias suicidas que leva padecendo neste último ano a fronte das tres letras, agora arrimamos o ombreiro (e a intelixencia) todos só podemos ir a mellor. Aínda que comparto as reservas e veremos até onde somos quen de crear condicións que nos permitan acaroar ilusións, ideas e esforzos.
Oxalá teña vostede razón, porque se a xente se sinte defraudada pola actuación do BNG no Goberno vainos levar moito ós nacionalistas recobra-la confianza da cidadanía. E a nosa, que tamén anda tocada.
Pero para iso todos, incluído o portavoz nacional, debemos crea-las condicións para que se dea o consenso necesario e o Bloque volva se-la casa común do nacionalismo. E logo, o tempo dirá canto podemos alonga-la fronte. Saúdos.
Vale, reconheço que a minha experiência no campo da comunicaçom é nengum e no da propaganda o que Você em grande parte ja conhece. Suponho que é por isso polo que nom lhe vejo ao artigo esse com a secretária nem problema nem virtude. Mas quando você o cita é porque há algo que lhe chama a atençom ou que acha significativo. Que cousa é?
Enviar um comentário