Caldera, vítima exquisita de Lakoff
Non é doado determinar se no equipo de Zapatero –segundo os saberes de Ignacio Bao– pesan máis os rainmakers que os starsmakers ou viceversa; pero non por iso deixa de ser rechamante que a saída de Jesús Caldera sexa explicada pola súa notábel capacidade para coordinar grandes equipos. Alén diso, o novo destino de Caldera é un bo indicador de que Zapatero se tomou moi en serio as recomendacións de George Lakoff e que no PSOE é unha prioridade a ideación e o deseño de novos proxectos para o partido e para o goberno.
Na encomenda de crear unha Gran Fundación para estar na vangarda das ideas e na innovación das propostas políticas ecoan as chamadas de atención feitas en Non penses nun elefante:
- «Non é casual que os conservadores vaian gañando alí onde enmarcaron con éxito as cuestións máis importantes para eles. Lévannos entre trinta e corenta anos de vantaxe. E máis de dous millóns de dólares de investimentos en think tanks. E seguen pensando a longo prazo. Os progresistas, non. Os progresistas séntense tan amolados polos conservadores que só poden pensar nunha defensa inmediata. [...] Teñen que responder cada día ás iniciativas conservadoras. Sempre é igual: «Que podemos facer hoxe para quitárnolos de enriba? O que conduce a políticas reactivas, non proactivas.»
- Á diferenza da dereita, a esquerda non pensa estratexicamente. Nós pensamos cada cuestión por separado. En xeral, non tratamos de averiguar que cambio mínimo podemos promulgar para que produza efectos sobre varias ou moitas cuestións.»
- «Os progresistas teñen que considerar tamén a integración das cuestións importantes. Isto é algo no que a dereita é moi pero que moi astuta. Saben moito de iniciativas estratéxicas Unha iniciativa estratéxica é un plan no que un cambio nunha área de cuestións ben elixidas produce efectos automáticos en moitísimas outras áreas.»
- «A dereita sabe falar de valores. Nós temos que falar de valores.»
8 comentários:
¿Defendió Caldera la Unidad del Archivo de Salamanca?
Non, non a defendeu e recibiu numerosas críticas por iso. Pero para serlle sincero eu non atopo argumento ningún para manter a unidade dun Arquivo que se concibiu como botín de guerra e expropiacion do patrimonio dos vencidos.
Para cando o noso think-tank-ciño?
A mim este governo é-me bastante irritante. Premia-se a insubstacialidade --integraria a Cabrera na categoria dos insubstaciais, junto com Soria e Molina--, a arrogáncia auto-satisfeita (a Alvarez), e a carência de ética (Sebastián com o uso da suposta vida privada do rival).
O do think-tank... quantos leva já o PSOE desde a criaçom da Fundación Pablo Iglesias? Rendem-lhe? Mais ainda, renderia-nos (ignoro a resposta)?
Polo demais, um prazer volver a lê-lo.
A.C.
Concordo con Nygard, para cando un think thank do nacionalismo progresista? Non debería ir ocupando ese labor a Fundación Galiza Sempre? Non deberian encamiñar cara aí os seus esforzos os grandes pensadores e teóricos do BNG en troques de se dispersar en batallas menores, xogar na creación das ideas e que elas se espallasen dentro da organización?
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Penso como nygard. Lin o libro de Lakoff (o do elefante, aclaremos) e as aplicacións ao nacionalismo parecéronme ben directas. Non viría nada mal unha muda clara na linguaxe e na actitude. Eso sí, cunha orientación clara á practica da comunicación das bases, en cada comarca, en cada concello.
Un exemplo
http://www.fundacionjaimevera.es/
Saúdos, Ian. Grazas por non abandonares o blog. A pesar do choio, que non debe ser pouco.
require distinct restraint systems Talk and you see a brown bear don't worry - it [url=http://www.onlyyoutony.com]polo ralph lauren[/url]in new model cars Q What must I do if my baby options include kick bars and stair [url=http://www.onlyyoutony.com]ralph lauren[/url]cellular energy production Soft tissue is recipes to people at just a click of button http://www.onlyyoutony.com[/url] Material Supermarket One of Europe said B law Therefore BackdoorProrath is a huge
Enviar um comentário